Cruceiro dos Martores

Cruceiro dos Martores - Valga - San Miguel de Valga

Contan os veciños que anteriormente estaba localizado na contorna da Capela dos Martores. Baseamento de planta cuadrangular composto por catro chanzos. O inferior é de cemento, recentemente engadido ao primixenios, todos eles de pedra. Pedestal cúbico cunha inscrición pequena cara o sur. Varal de arranque en sección cuadrangular e desenrolo oitavado por rebaixe das arestas. Capitel troncopiramidal invertido con molduras, que dá paso a unha cruz tipo latina na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartelas de INRI no anverso e a Virxe sobre peaña no anverso.

  • INFORMACIÓN
  • Código: VA-ER037
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Elementos relixiosos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Valga
  • Parroquia: San Miguel de Valga
  • Lugar: Martores
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Contorna descoidada.

  • Protección:

    PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-417)

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

  • Referencias:

    PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

    Cruceiros de Galicia

    Patrimonio Galego

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Cruz do Carballiño

Cruceiro das Eiras

Cruceiro de Baño

Cruz das Laceiras