Praia do Tronco

Praia do Tronco - Rianxo - Santa Comba de Rianxo

Imaxe: Turismo de Galicia

Extensión de area cunha lonxitude duns 105 metros, preto da Praia de Tanxil.

Estaba no certo Antonio Fraguas cando afirmou que a praia, o peirao, os homes do mar e os barcos “fixeron os grandes e profundos camiños de todos os andares de Castelao”. As praias do Tronco e O Porrón eran dos lugares preferidos polo avó de Castelao para ir pasear, pescar ou mariscar, e serían para o rapaz motivo de diversión cando o acompañaba. Mentres esperaba, xogaría no mar cun barquiño de cortiza, ou co de pau que lle fixera o tío carpinteiro.

Castelao era un rapaciño e aínda non se decatara das desgrazas que ese mesmo mar ocasionaba con demasiada frecuencia nos días da invernía. Andando o tempo viviría de cerca o drama dos afogados, ou ben os coñecería por boca dos máis anciáns, como é o caso da siña Sinforosa, unha mandadeira que cada día facía a travesía de Rianxo a Vilagarcía, e tiña para todos os defuntos un rosario de paisnosos, avemarías e salves.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Punta de Arnelas

Praia do Castiñeiro

Pedra do Sal

Praia da Torre