Busca

Amosando 73 - 96 de 148 resultados da busca.

O xacemento está situado no fondo da portela existente na dorsal dunha cordal, inmediata á Mámoa da Chansa. Nas remocións efectuadas polas pistas forestais recolléronse restos de material cerámico atribuíble a un posible hábitat da Idade do Bronce, aínda que non se debe descartar que poidan pertencer a algún túmulo funerario xa desaparecido.


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arqueoloxía

O rei Afonso VII doou un enorme terreo no ano 1156 a un descoñecido plebeo, non nobre, de nome Sancho Eanes. O terreo tiña 22 hectáreas nunha das zonas máis ricas e poboadas do Reino de Galicia, limitado por unha serie de marcos (Marco do Porto Lampai, Marco do Couto de Lampai, Marco…


Padrón - Santa María de Cruces | Arqueoloxía

Petróglifo no lugar de Queiruga.


Padrón - Santa María de Cruces | Arqueoloxía

Xacemento arqueolóxico no lugar do Pedroso.


Padrón - Santa María de Cruces | Arqueoloxía

O rei Afonso VII doou un enorme terreo no ano 1156 a un descoñecido plebeo, non nobre, de nome Sancho Eanes. O terreo tiña 22 hectáreas nunha das zonas máis ricas e poboadas do Reino de Galicia, limitado por unha serie de marcos (Marco do Porto Lampai, Marco do Couto de Lampai, Marco dos Coutos e…


Padrón - Santa María de Cruces | Arqueoloxía

O rei Afonso VII doou un enorme terreo no ano 1156 a un descoñecido plebeo, non nobre, de nome Sancho Eanes. O terreo tiña 22 hectáreas nunha das zonas máis ricas e poboadas do Reino de Galicia, limitado por unha serie de marcos (Marco do Porto Lampai, Marco do Couto de Lampai, Marco dos Coutos…

Mámoa localizada no Monte Castrelo, emprazada a uns 150 metros do recinto fortificado denominado O Castelo.


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arqueoloxía

Asentamento castrexo de gran complexidade defensiva. Ten unhas medidas na súa croa ovalada que acadan uns 47 por 39 metros, nos seus eixos maior e menor respectivamente. Está rodeado por unha sucesións de terrapléns e amosa un foxo escavado na rocha, colmatado nalgunha das súas partes, que chega acadar os 7 metros de profundidade na zona leste.


Padrón - San Pedro de Carcacía | Arqueoloxía

Lavadoiro próximo ao rego Castrelo.


Padrón - Santa María de Herbón | Arquitectura da auga

Na ribeira do rego de Tarrío, trátase dun muíño de planta rectangular construído en cachotaría granítica. Presenta tellado a unha auga.


Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura da auga

Localizado ao carón da Capela de San Bieito de Bascuas.


Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura da auga

No lugar de Pedreda, á beira do Camiño Portugués.


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arquitectura da auga

Lavadoiro á beira da estrada que vai desde A Escravitude até Queiruga.


Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura da auga

Capela pertencente á parroquia de Santa María de Cruces, na honra de San Bieito. Todos os anos no mes de xullo celébrase unha romaría na pequena carballeira que rodea á capela, sacando ao santo en procesión. Esta talla foi realizada en 1845 polo escultor Juan Martín María Pernas Gambino. Nun do laterais hai unha fonte.


Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura relixiosa

Non ten nichos, todos os soterramentos son de foxo no terreo. Espazos entre as sepulturas de herba, sen camiños e cun cerramento exterior de muro baixo. A tumba do Premio Nobel de Literatura de 1989, Camilo José Cela, está baixo unha oliveira (Olea europaea) incluída no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras co código 55A.

Na Adina estaban enterrados os avós e o pai de…


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arquitectura relixiosa

Fonte e lavadoiro no lugar do Vilar.


Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura da auga

Fonte próxima ao Castelo da Rocha Branca, onde a auga abrollaba dun cano de pedra, que caía sobre unha pía na que se poden apreciar as marcas do afiado de ferramentas de corte.


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arquitectura da auga

Fonte no lugar de Sinde, na que a auga abrolla dun cano de pedra e cae sobre unha pía.


Padrón - San Pedro de Carcacía | Arquitectura da auga

Muíño de dous andares ao carón da Ponte da Barca, que aproveitaba a represa das Pesqueiras da Canle. Entre finais dos anos 70 e principios dos 80, foi reconvertido en estación de bombeo da rede de auga potable do Concello de Pontecesures, aproveitando a…


Padrón - Santa María de Herbón | Arquitectura da auga

Fonte á beira do camiño que leva ao Convento de Santo Antonio de Herbón, moi usada polos veciños de camiño á novena de Santo Antonio.


Padrón - Santa María de Herbón | Arquitectura da auga

Fonte acaroada a un dos laterais da Capela de San Bieito de Bascuas.


Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura da auga

Fonte na que a auga abrolla ao pé do peto de ánimas de Pedroso do Norte, que que posteriormente vai dar á pía do lavadoiro.


Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura da auga

Fonte na que a auga abrolla dun cano de pedra e que posteriormente vai dar á pía do lavadoiro a través dunha canle tamén de pedra.


Padrón - San Pedro de Carcacía | Arquitectura da auga

Muíño emprazado na ribeira do rego da Rocha, poucos metros antes de desembocar no río Ulla.


Padrón - Santa María de Herbón | Arquitectura da auga