Busca

Amosando 481 - 504 de 638 resultados da busca.

O Monte Quintáns atópase a uns 150 metros de altura sobre o nivel do mar. Ofrece unhas vistas magníficas do río Ulla e Catoira, moi próximo ao Castro das Cercas.


Rianxo - Santa María de Isorna | Panorámicas

O Catadoiro atópase a 202 metros de altura sobre o nivel do mar.


Rianxo - Santa María de Isorna | Panorámicas

O Monte Ceán atópase a 91 metros de altura sobre o nivel do mar.


Rianxo - Santa María de Isorna | Panorámicas

O Alto do Castro atópase a 228 metros de altura sobre o nivel do mar. Aos pés do Castro de Bexo, accédese por pista asfaltada desde o Alto da Paradegua cara Teaio. Ofrece unha vista total do val do río Té.


Rianxo - Santa Baia do Araño | Panorámicas

O Monte da Pena ou Campo dos Frailes atópase a 195 metros de altura sobre o nivel do mar, desde onde se pode observar o val do río Té (O Araño, Asados e Rianxo) e a desembocadura do río Ulla. En toda a contorna do Monte da Pena localízanse dous conxuntos de…


Rianxo - Santa María de Leiro | Panorámicas

O Monte Freire atópase a 630 metros de altura sobre o nivel do mar.


Rianxo - Santa Baia do Araño | Panorámicas

O Monte Pelotiña atópase a 217 metros de altura sobre o nivel do mar.


Rianxo - Santa María de Asados | Panorámicas

A Pedra Cabalada atópase a 219 metros de altura sobre o nivel do mar.


Rianxo - Santa Baia do Araño | Panorámicas

O Monte Lioira atópase a 276 metros de altura sobre o nivel do mar.

Este miradoiro está incluído no Catálogo das Paisaxes de Galicia.


Rianxo - Santa María de Asados | Panorámicas

O Monte do Couto atópase a 321 metros de altura sobre o nivel do mar.


Rianxo - Santa Baia do Araño | Panorámicas

O Outeiro Cerqueiro atópase a 308 metros de altura sobre o nivel do mar.


Rianxo - Santa Baia do Araño | Panorámicas

O Alto do Salto atópase a 211 metros de altura sobre o nivel do mar.


Rianxo - Santa Baia do Araño | Panorámicas

O Outeiro da Corneta atópase a 529 metros de altura sobre o nivel do mar.


Rianxo - Santa Baia do Araño | Panorámicas

O Monte Pedride atópase a 611 metros de altura sobre o nivel do mar.


Rianxo - Santa Baia do Araño | Panorámicas

O punto máis alto e setentrional de Rianxo, a 678 metros de altura, está inmerso nun parque eólico. Pódese acceder desde O Araño ou desde Burés. Hai pista asfaltada até a coñecida coma A Pedra dos Concellos, punto onde se dividen os concellos de Rianxo, Lousame, Rois e Dodro. Desde alí pódese ascender polas novas pistas de terra do parque eólico.

A vista sobre a desembocadura do Ulla e a Ría de Arousa e Vigo, está marcada como un fito de excursionista e…


Rianxo - Santa Baia do Araño | Panorámicas

Polo seu emprazamento fisiográfico, o Monte do Castro Valente domina visualmente unha ampla panorámica, tanto do curso do río Ulla, como a confluencia co río Sar e o val deste.


Padrón - Santa María de Herbón | Panorámicas

Cruceiro do tipo de cruz nunha propiedade privada no lugar de Tarrío. Comeza cunha plataforma de dous chanzos sobre a que se coloca o pedestal de forma cadrada e con dúas arestas superiores chafranadas de forma convexa. O fuste comeza de forma cadrada e logo pasa a ser octogonal. Na parte cadrada ten unhas molduras. O capitel comeza cunha  moldura de forma octogonal e continúa con varias molduras máis que van crecendo en tamaña cara arriba. A cruz é de sección…


Padrón - Santa María de Cruces | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de cruz á beira do Camiño Portugués. Plataforma de dous chanzos de forma cuadrangular sobre a que se coloca o pedestal de forma cadrada e con dous pequenos pilotes no perímetro dos chanzos na parte frontal do mesmo. Enriba o pedestal colócase o fuste ou varal que ten sección hexagonal en todo o percorrido. O capitel ten unha primeira moldura da mesma sección que o fuste…


Padrón - Santa María de Cruces | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo, situado no claustro do Convento de Santo Antonio de Herbón. Na longa cruz, de extremos cadrados, imaxe de Cristo, e ao outro lado a Virxe. Capitel sinxelo, varal liso e redondo, peaña cúbica e base de tres chanzos. Substitúe a outro máis antigo que foi destruído polos soldados de Napoleón III, e que se conservan algúns restos…


Padrón - Santa María de Herbón | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo, que forma parte do conxunto de edificacións que conforman o Pazo de Santa Cruz da Granxa. Ao carón da capela, trátase dun pequeno cruceiro situado no xardín de entrada do pazo. Longa cruz, varal curto e peaña cúbica.


Padrón - Santa María de Herbón | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo, situado ao comezo da rampla de acceso ao Convento de Santo Antonio de Herbón. Trátase dun cruceiro moi ornamentado, onde na cruz florenzada Cristo é abrazado por San Francisco, e no outro lado a Virxe Inmaculada é coroada por anxos. Capitel labrado, varal octogonal, imoscapo de placas, peaña moldurada e base de tres chanzos


Padrón - Santa María de Herbón | Elementos relixiosos

Partindo da rúa Peregrinos ou da rúa de Santiago, este vía crucis ascende cara o Santiaguiño do Monte á beira do muro do Convento do Carme, estando formado por 125 chanzos. Trátase dunha obra do século XIX, patrocinada polo padronés Vidal Cepeda.


Padrón - Santiago de Padrón | Elementos relixiosos

Na actualidade o cruceiro está sen cabeza. É unha cruz do tipo de crucifixo. Está construído sobre unha plataforma con dous chanzos cadrados sobre os que se coloca o pedestal do mesmo xeito moldurado e unha escocia na súa parte superior moldurada do mesmo xeito. O comezo do fuste é un imoscapo de placas sobre as que hai unha moldura de sección octogonal, igual que o fuste ou varal. A cruz tiña forma de tronco, na parte dianteira a imaxe de Cristo coroado…


Padrón - Santiago de Padrón | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de fuste rematado en cruz, no lugar de Extramundi de Arriba. Comeza cun pedestal de forma cadrada e as arestas superiores recortadas. A parte inferior está esculpida nalgunha das súas caras. O fuste comeza e remata en forma cadrada e despois ten unha sección octogonal. O capitel é cadrado e moldurado. A cruz ten forma cadrada.


Padrón - Santiago de Padrón | Elementos relixiosos