Busca

Amosando 121 - 144 de 353 resultados da busca.

Cruceiro do tipo de cruz erixido sobre seis grandes pedras de granito, onde segundo a tradición predicou o Apóstolo Santiago. Trátase dun cruceiro sinxelo de cruz lisa, sen imaxes, capitel simple sen peaña nin grada.


Padrón - Santiago de Padrón | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo. Comeza cunha plataforma de tres chanzos cadrados sobre os que se coloca o pedestal, tamén cadrado, coas caras molduradas e a parte superior chafranada. O capitel comeza cun imoscapo de placas e logo convértese en octogonal. O capitel é cadrado, coas follas recortadas e comeza cunha pequena moldura redondeada. Está decorado con volutas. A cruz é de sección cadrada e ten extremos potenciados. No anverso figura a figura de…


Padrón - Santiago de Padrón | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo, de estilo barroco do século XVIII, construído en pedra de cantaría. Comeza cunha plataforma de tres chanzos cadrados sobre os que se coloca o pedestal do mesmo xeito cunha escocia na parte superior que remata moldeada. Nunha das súas caras figura a seguinte inscrición: "Ano 1723. Devoción de Agustín Vilar e a súa muller Teresa Lapido". O fuste ou varal comeza cun imoscapo de placas, logo ten unha sección octogonal…


Padrón - Santiago de Padrón | Elementos relixiosos

Localizado no interior dunha finca particular. Antes estaba situado en Herbón, mais foi trasladado ao emprazamento actual no 1917. Mandado construír por dona Inés Díaz, a cruz é do ano 1595, sendo unha das poucas desta época con volume nos extremos, moi ornamentada nas cabezas. A imaxe do Cristo é de pequeno tamaño, no reverso a Virxe das Angustias co Redentor nos brazos. Capitel moi sinxelo, varal redondo, imoscapo de placas, peaña esculpida e dous chanzos.

Foi…


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de cruz, situado no adro da Igrexa de Santa María de Cruces. Nace obre unha base irregular. O varal, de sección cadrada coas arestas rebaixadas, posúe un relevo moi erosionado na súa parte media. O capitel cúbico dá paso a unha cruz sinxela, de arestas rebaixadas e sen imaxes.


Padrón - Santa María de Cruces | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de cruz que nace sobre un só chanzo de sección cadrada. A súa base cúbica de arestas rebaixadas dá paso a un varal de sección cadrada coas arestas rebaixadas. Un capitel cadrado dá paso a unha cruz de arestas rebaixadas e sen imaxes.


Padrón - Santa María de Cruces | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo, emprazado no atrio lateral norte do Santuario da Escravitude. A cruz é de troncos e representa a Cristo nun lado e á Virxe da Escravitude apoiada sobre anxos no outro. Destaca o capitel, atribuído ao escultor Ferreiro, onde figuran entre outras cousas, catro acios de uvas. O fuste é octogonal, imoscapo de placas, adornos na peaña…


Padrón - Santa María de Cruces | Elementos relixiosos

Conxunto de cruces á entrada do Convento de Santo Antonio de Herbón, que forman parte do Calvario de Herbón.


Padrón - Santa María de Herbón | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de cruz.


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Elementos relixiosos

Cruz sen imaxes situada ao lado doutra cruz, sobre o muro do adro da Igrexa de Santa María de Asados, e que posiblemente formaban parte dun antigo vía crucis. Está resolta nunha soa peza de granito, de sección cadrada con arestas chafranadas e remates con molduras nos vértices.


Rianxo - Santa María de Asados | Elementos relixiosos

Cruz sen imaxes situada ao lado doutra cruz, sobre o muro do adro da Igrexa de Santa María de Asados, e que posiblemente formaban parte dun antigo vía crucis. Sinxela cruz resolta nunha soa peza de granito, de sección cadrada con arestas chafranadas, á que lle falta parte dun brazo.


Rianxo - Santa María de Asados | Elementos relixiosos

Cruceiro de capela construído en granito, formado por unha plataforma cuadrangular de tres chanzos, sobre o que se asenta a columna de sección octogonal que comeza e remata en forma cadrada. A parte superior da columna está decorada con cunchas de vieira e caras, unha en cada esquina.

A capeliña…


Rianxo - Santa María de Isorna | Elementos relixiosos

Cruz de granito situada no camiño á Igrexa de Santa María de Leiro. Pequena cruz latina de sección cadrada apoiada sobre unha base prismática.


Rianxo - Santa María de Leiro | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito situado á beira da estrada que leva á Igrexa de Santa Baia do Araño, nun extremo do campo que rodea á Capela dos Milagres, no antigo campo da festa. Carece de pedestal. Plataforma de tres chanzos sobre a que se ergue un fuste octogonal, cos…


Rianxo - Santa Baia do Araño | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito no interior do cemiterio, xunto á Igrexa de Santa María de Leiro. Base prismática sobre a que se ergue un fuste octogonal con de sección cadrada no contacto coa base. Capitel troncopiramidal inverso con molduras, que sostén unha cruz sen imaxes de sección octogonal con remates cuadrangulares nos vértices superiores.


Rianxo - Santa María de Leiro | Elementos relixiosos

Vía crucis sobre o muro do adro da Igrexa de Santa María de Leiro. Cruces latinas sen imaxes, de sección cadrada e arestas chafranadas, con remates nos extremos. Realizadas en cantaría de granito, están apoiadas sobre bases cúbicas insertadas no muro de cachotaría do adro da igrexa.


Rianxo - Santa María de Leiro | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito situado sobre uns penedos no acceso á praza central do lugar da Capela, xunto á Fonte da Capela e á Capela do Pazo dos Calotes. Tan só se conserva o fuste, de sección hexagonal sobre unha base cadrada e plataforma de dous chanzos de granito. Existe unha…


Rianxo - Santa Baia do Araño | Elementos relixiosos

En Sestelo, na Praza de Faustino Rey Romero, álzase sobre unha pedra tosca sen labrar este cruceiro de pedestal cuadrangular recadrado, fuste octogonal, capitel cúbico co astrágalo octogonal liso e decorado con volutas, follas e cabezas de anxo con ás. A cruz é de sección cuadrangular, está recrucetada e decorada con remates florenzados con botón central. O Cristo crucificado ten a cabeza ergueita e carente de coroa e no reverso está representada a Piedade. Na pedra deste…


Rianxo - Santa María de Isorna | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito no interior dunha finca particular dunha vivenda situada xunto á Igrexa de Santa María de Isorna. Plataforma de tres chanzos e base prismática sobre a que se ergue un fuste de sección cadrada. Capitel troncopiramidal inverso decorado con motivos vexetais, no que apoia unha cruz de sección circular e aspecto leñoso, cun Cristo no anverso e…


Rianxo - Santa María de Isorna | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito situado á beira da estrada principal de Sestelo, nunha encrucillada de camiños ao norte da Igrexa de Santa María de Leiro. Plataforma de dous chanzos e base cúbica sobre a que se ergue un fuste octogonal con sección cadrada no apoio. Capitel troncopiramidal inverso decorado con volutas e rostros de querubíns. Cruz de sección circular e aspecto leñoso cun Cristo no anverso e unha Virxe no reverso.


Rianxo - Santa María de Isorna | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito situado no interior da finca do Pazo dos Calotes, xunto ao acceso á Capela do Pazo dos Calotes. Plataforma cadrada e base prismática sobre a que se ergue un fuste de sección circular. Falta a cruz e parte do capitel, con decoración vexetal.


Rianxo - Santa Baia do Araño | Elementos relixiosos

Vía crucis na contorna do adro da Igrexa de Santa Baia do Araño, situado na fachada que dá á estrada, sobre o muro de peche de cachotaría. Cruces de sección octogonal con remates florais nos vértices e apoio cuadrangular inferior.


Rianxo - Santa Baia do Araño | Elementos relixiosos

Cruz de granito sobre o muro de peche dunha finca situada no centro do núcleo, no camiño interior que baixa á praza principal. Sección cadrada e base troncopiramidal, coa imaxe dun cristo no anverso da cruz.


Rianxo - Santa Baia do Araño | Elementos relixiosos

Cruceiro situado xunto á fonte e lavadoiro de Suigrexa. Plataforma de dous chanzos e pedestal troncopiramidal, sobre a que se ergue a cruz, dunha soa peza de granito e sección cadrada, coas arestas chafranadas e decoración nos vértices superiores. Representacións figurativas coa imaxe dun Cristo no anverso da cruz e unha pequena Virxe central.


Rianxo - Santa María de Asados | Elementos relixiosos