Cruceiro da Praza

Cruceiro da Praza - Rianxo - Santa María de Isorna

Imaxe: Xenealoxías do Barbanza

En Sestelo, na Praza de Faustino Rey Romero, álzase sobre unha pedra tosca sen labrar este cruceiro de pedestal cuadrangular recadrado, fuste octogonal, capitel cúbico co astrágalo octogonal liso e decorado con volutas, follas e cabezas de anxo con ás. A cruz é de sección cuadrangular, está recrucetada e decorada con remates florenzados con botón central. O Cristo crucificado ten a cabeza ergueita e carente de coroa e no reverso está representada a Piedade. Na pedra deste cruceiro hai petróglifos en forma de coviñas, que segundo conta a xente do lugar, eran usadas para poñer as candeas.

O Cruceiro do Cemiterio de Santa María de Isorna localizábase neste lugar, antes de ser trasladado ao cemiterio parroquial.

  • INFORMACIÓN
  • Código: RI-ER046
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Elementos relixiosos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: Santa María de Isorna
  • Lugar: Sestelo
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (C-046)

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

    Cruceiros de Galicia

    Juan Cabeza Quiles

    Xenealoxías do Barbanza

     

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Vía crucis do Calvario

Cruceiro de Ourolo

Cruz do Vía Crucis do Calvario

Cruceiro da Coviña