Cruceiro da Cortiña Vella

Cruceiro da Cortiña Vella - Rianxo - Santa María de Isorna

Imaxe: Cruceiros de Galicia

Cruceiro de granito no interior dunha finca particular dunha vivenda situada xunto á Igrexa de Santa María de Isorna. Plataforma de tres chanzos e base prismática sobre a que se ergue un fuste de sección cadrada. Capitel troncopiramidal inverso decorado con motivos vexetais, no que apoia unha cruz de sección circular e aspecto leñoso, cun Cristo no anverso e unha Virxe no reverso.

  • INFORMACIÓN
  • Código: RI-ER044
  • Outras denominacións: Cruceiro de Sestelo
  • Tipoloxía: Elementos relixiosos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: Santa María de Isorna
  • Lugar: Sestelo
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (C-044)

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

    Cruceiros de Galicia

    Xenealoxías do Barbanza

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Cruceiro da Regalada

Cruceiro Vello da Vacariza

Cruceiro de Rial

Cruz do Cemiterio de San Salvador de Taragoña