Busca

Amosando 49 - 72 de 76 resultados da busca.

Tamén coñecida como a Ponte da Venduda, trátase dunha pontella levantada sobre o río Catoira que presenta unha estrutura construída en perpiaño granítico de óptima calidade, presente nos eixos estruturais da ponte, así como nas súas cepas centrais e enlousado, conformado a base de grandes bloques de pedra. A ponte carece de peitoril de seguridade. Destaca a perfecta labra e trabazón da cantaría que conforman as canles que canalizan o río, así como o seu firme.


Catoira - San Miguel de Catoira | Obra civil

Pequeno templo neobarroco realizado a mediados do século pasado que presenta nave única e planta rectangular. Realizado en cantaría de granito, o máis destacable deste edificio é a espadana dun único oco que coroa a fachada principal. Nos laterais do frontís sitúa dúas cruces de Santiago labradas en altorrelevo sobre xanelas, e no centro un frontón partido con imaxinería precedendo en altura a un óculo.

No adro contiguo á igrexa existe un…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura relixiosa

A capela, localizada nos terreos da Casa da Barreira, comunica directamente co rueiro, foi erguida utilizando un paramento de mellor calidade (cantaría de granito).


Catoira - San Mamede de Abalo | Arquitectura relixiosa

A Capela de Santiago, que aparece acaroada a unha dúas dos Torres de Oeste en mellor estado de conservación, foi levantada no ano 1122. Está constituída por unha sinxela nave cadrada e unha ábsida semicircular tapada por un muro da torre. A súa fábrica permite observar algunhas das características da arte prerrománica, caso das xanelas en forma de saeteira rematadas en pequenos arcos de…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura relixiosa

Aínda que as orixes máis antigas do templo son medievais, os vestixios artísticos máis temperáns remóntanse a comezos do século XVI. Edificio de planta rectangular, unha nave e capela cadrada. Presenta bóveda de medio canón até a liña de imposta, arco triunfal de medio punto sobre ménsulas con decoración de placas recortadas, nave máis alta e de igual altura que a capela, en catro formas e tramos con bóveda de medio canón, arcos faixóns sobre pilastras caixeadas en dous…


Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura relixiosa

A comezos do século XVII, a visita do Cardeal Jerónimo del Hoyo deixaba constancia da modestia deste templo e da existencia de dúas igrexas veciñas. Templo con planta de cruz latina, capela bóveda de canón e liña de imposta, arco triunfal de medio punto sobre pilastras caixeadas, cruceiro con bóveda de luneto e transeto con bóveda de aresta, arcos que descansan en pilastras caixeadas, nave de dous treitos con bóveda de canon e arcos faixóns sobre ménsulas con liña de…


Catoira - San Mamede de Abalo | Arquitectura relixiosa

Igrexa de estilo neoclásico, de planta basilical, capela con bóveda de aresta sobre arcos apoiados en pilastras con decoración de placas. A igrexa medieval orixinaria respondía á tipoloxía galaica do denominado gótico mariñeiro da primeira etapa (1250-1350). Á dereita capela con bóveda, dividida en dous tramos por arcos de imposta. Nave de tres tramos con arcos faixóns sobre pilastras de capitel decorado con placas. Engadido do mesmo largo da nave alintelada. Sancristía…


Catoira - San Miguel de Catoira | Arquitectura relixiosa

A súa construción remóntase ao século XVI, aínda que nada se conserva dese período. Templo con planta de cruz latina. Cuberta con bóveda de canón. Capela con sarcófago do século XVI. Na súa fachada, executada a finais do século XIX, destaca unha porta estilo neogótico con arco oxival igual que os das fiestras superiores e no medio un fermoso campanario octogonal de fasquía ascensional, cuberto con cupuliña. Sobre a entrada principal atópase unha orixinal fornela en forma…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura relixiosa

Situada no lugar de Tras da Veiga, nunha finca privada. Trátase dunha capela de planta rectangular con presbiterio máis elevado que a nave e cuberta a catro augas. O seu paramento aparece conformado en cantaría de granito rematado nunha cornixa perimetral moldurada, situando unha bufarda sobre o lintel da porta de acceso principal. Coroa a fachada unha espadana dun único oco que carece de sino.

No seu interior albergaba unha…


Catoira - San Miguel de Catoira | Arquitectura relixiosa

A Ermida de San Cibrán posúe unha nave duns 20 por 8 metros. O presbiterio non se diferencia en planta, e a el se acaroan outras dúas dependencias a ambos lados, así como outra estancia máis, mais á nave. Lonxitudinalmente, os pés da nave están orientados cara o sueste. Dispón dunha porta principal rectangular, e sobre esta consta un sinxelo óculo, así como diversas xanelas nos laterais da parcela. Na dependencia acaroada do noroeste hai tamén outra pequena porta de…


Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura relixiosa

Estas caleiras foran estabelecidas en 1923 por Ramón Diéguez Carlés, baixo a razón social Caleras del Ulla. Diéguez, dunha familia de pequenos comerciantes, estudiara química e farmacia en Santiago de Compostela, e comezara a traballar en Madrid, no laboratorio dun dos máis importantes farmacéuticos do país, o licenciado santiagués José Casares Gil, precursor do desenvolvemento da química en España.

O 6 de febreiro de 1923, na solicitude da licenza de…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura industrial

As instalacións que configuraran o conxunto da Cerámica Celta, acaroadas á que fora industria de fabricación de cal (Caleras del Ulla), localízanse na aba setentrional do Monte do Porto, na ribeira esquerda do río Ulla tras o seu paso pola vila.

En 1923 Ramón Diéguez Carlés, establecía unha fábrica de cal baixo a razón social Caleras del Ulla

O pequeno obradoiro localízase na ribeira esquerda do esteiro do río Ulla en San Xulián de Pontecesures, no lugar coñecido como O Cantiño, a carón da vía do ferrocarril, no camiño que vai da Ponte de Cesures a Cortiñas.

En 1925, apenas dous anos despois de ter aberto a…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura industrial

Segundo se conta na web de Buxa (Asociación Galega do Patrimonio Industrial), a primeira elaboración de gasosas en Galicia fixérase en Santiago en 1874, tal vez naquel restaurante que inaugurara na compostelá rúa das Orfas o suízo Antonio Mengotti, como outros compatriotas fuxido do Cantón dos Grisones na procura dunha vida mellor. Dous anos máis tarde, abríase na rúa Nova o Café Suízo, no que os Mengotti tamén ofrecerían a…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura industrial

A explosión industrial e económica, que aconteceu no século XVIII, levou á construción, por orde de Carlos IV, dun almacén ou alfolín de rendas estancadas. Isto foi propiciado polo feito de que Pontecesures xa era desde 1467, o único porto autorizado para a descarga do sal en toda a ría de Arousa, debido á súa situación estratéxica para a distribución de mercadorías. A súa construción foi froito da necesidade dun espazo onde almacenar certos produtos de valor, derivados…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura industrial

Cheminea industrial de ladrillo visto, pertencente a un complexo fabril de Maderas Magán.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura industrial

Fábrica de candeas fundada por José Diéguez Sueiro, que recolle a tradición de máis dun século. Localízase no número 24 da rúa Víctor García.

As primeiras candeas de man, fabrícanse en Cesures utilizando o “noque” que chegou á fábrica cando esta renovouse, fai uns 85 anos. Trátase dunha máquina…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura industrial

O 1 de febreiro de 1938 constituíse ILEPSA (Industria Lechera Penisular Sociedad Anónima) e o 16 de agosto de 1939 inaugurouse a primeira fabricación de leite condensada. Pola súa situación á beira do río Ulla, a fábrica permitía a carga e descarga da madeira para as caldeiras, a folla de lata para os envases e dos produtos xa acabados, que eran trasladados en…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura industrial

Telleira hoxe desaparecida que se localizaba no lugar do Telleiro, fronte ao Pazo da Cova.

Nesta telleira traballou hai moitos anos un home con acento portugués chamado “Moquillo” que amasaba o barro con dúas mulas. Deixou de funcionar "hai moitísimos anos". Os…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura industrial

A barreira da Mina Cristina atopábase no Concello de Pontecesures, tras o Centro de Saúde de Valga. Inventariada co número 1499 do catálogo mineiro e pertencente, igual que a Mina Mercedes, ao Grupo Mineiro “Minas cerámicas de Campaña”. Estaba situada no Monte de Utilidade pública nº129 do Catálogo de utilidade pública do Concello de…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura industrial

O rego Salgueirón, duns 2.200 metros de lonxitude, nace na Fonte Salgueirón e desemboca no río Ulla, xa no Porto de Cesures. Ao longo do seu percorrido ten asociados elementos que aproveitan as súas augas: o…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Obra civil

Localizado nos antigos terreos do Campo da Feira. Aquí localizábase a caseta expendedora de leite fresco, que viña en bidóns, despois de pasar o control sanitario previo na fábrica de leite condensada Ilepsa-Nestlé. En 1985 inaugúrase o monumento conmemorativo O Coche de Pedra, unha réplica do primeiro coche a gasolina que circulou por Galicia, un…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Obra civil

Situado na nova estrada construída nos anos 50 que une Santiago e Pontevedra. A primitiva estrada discorría polo centro de Pontecesures. O Túnel do Cantiño é paso obrigado para os peregrinos que realizan o Camiño Portugués a Compostela.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Obra civil

Os seus precedentes puideron ser romanos, posto que Cesures era o porto de Iria Flavia (restos de madeira petrificados e ben conservados foron atopados en 1959 na zona do porto). Este suposto pasado romano atópase nos textos do xeógrafo árabe Al-Idrisi (século IX) que fala dunha gran ponte de cinco arcos “tan altos que…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Obra civil