Busca

Amosando 25 - 48 de 1857 resultados da busca.

Hórreo tipo Noia de dous claros, construído integramente en pedra de grao, de cámara rectangular sobre cepas de cantaría e pechado con doelas pétreas e cuberta de pedra. Voo na parte inferior da grade como tornarratos. Porta en alzado penal. Decoración con cruz latina sen figuración e pináculo con dobre bola. Situado sobre soleira de nivelación, composta por un muro de cachotaría.


Catoira - San Miguel de Catoira | Hórreos

Hórreo no lugar de Condide, cunhas dimensión de: 11,25 metros de longo, 1,25 de ancho, 1,70 de altura da cámara e 2,30 de altura do pinche. Unha cruz latina e un turuleco adornan, rematan e protexen as colleitas deste hórreo.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Hórreos

Pombal de planta circular duns 6 metros de diámetro, no lugar da Barcia.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Obra civil

Vista do Esteiro do Ulla desde a contorna da Casa da República en Sestelo.


Rianxo - Santa María de Isorna | Panorámicas

Insua formada polo río Ulapróxima á Insua da Pomba (Valga) e á Insua de Bexo (Dodro e Rianxo).


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Espazos naturais

Este espazo forma, xunto coas Brañas de Laíño de Dodro, unha das zonas húmidas máis grandes de Galicia, cunha riqueza medioambiental de primeira magnitude, protexida pola Rede Natura 2000 (Sistema Fluvial Ulla-Deza). Teñen unha importante variedade de flora e fauna presentando exemplares en perigo de extinción e endemismos da Península Ibérica como o…


Valga - Santa Cristina de Campaña | Espazos naturais

Pombal de planta circular que forma parte do conxunto de edificacións que conforman Cedonosa.


Catoira - San Miguel de Catoira | Obra civil

Cruceiro no lugar das Eiras, que segundo o propietario a cruz ten uns douscentos anos. Localizado dentro dunha propiedade privada, está no percorrido que fai a procesión dos lacóns o Día da Candeloria.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos

Hórreo no lugar da Medela.


Valga - Santa María de Xanza | Hórreos

Cruceiro que parece ser do tipo de capela ou loreto. Está construído sobre unha plataforma de dous chanzos sobre o que se coloca unha columna que remata de forma cadrada e ten as arestas chafranadas no resto da súa superficie. No fronte ten unha o que semella ser un peto de ánimas para algúns, e para outros simplemente un lugar onde depositar as esmolas da xente.


Rianxo - Santa Baia do Araño | Elementos relixiosos

Cruceiro construído en granito por plataforma de tres chanzos sobre os que se asenta o pedestal de forma cuadrangular, coas esquinas superiores cortadas en bisel e rematando de forma circular moldurada. O fuste é de sección cuadrangular, comezando de forma cadrada. Está desaparecido o capitel e a cruz.


Rianxo - Santa María de Asados | Elementos relixiosos

Localizado no alto do muro de cachotaría de peche da Casa Nº 1 de Sestelo.


Rianxo - Santa María de Isorna | Obra civil

Hórreo no lugar do Carballiño.


Valga - Santa María de Xanza | Hórreos

Á dereita da entrada da Igrexa de San Mamede de Abalo localízanse dous reloxos de sol, sendo o da esquerda máis antigo que o da dereita


Catoira - San Mamede de Abalo | Obra civil

No lado leste da Igrexa de San Pedro de Dimo localízase este reloxo de sol. A súa data de construción descoñécese, xa que as letras do cuadrante son ilexibles, mais podería datar do  século XVI, xa que os muros e os contrafortes que conserva a igrexa pertencen a esta data. O reloxo é de granito, plano e pertence á categoría…


Catoira - San Pedro de Dimo | Obra civil

O rego Salgueirón, duns 2.200 metros de lonxitude, nace na Fonte Salgueirón e desemboca no río Ulla, xa no Porto de Cesures. Ao longo do seu percorrido ten asociados elementos que aproveitan as súas augas: o…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Obra civil

Hórreo no lugar do Vilar.


Rianxo - Santa Baia do Araño | Hórreos

Tamén coñecida como a Pontella do Rechán de Guixar, foi construída para salvar o rego do Treito no camiño que percorrían os defuntos para ser enterrados na parroquia de Santa Baia do Araño antes de que a aldea de Bustelo pertencera á parroquia de San Xoán de Laíño.

Antes de construír a…


Rianxo - Santa Baia do Araño | Obra civil

Afloramentos rochosos á beira do camiño que percorrían os defuntos para ser enterrados na parroquia de Santa Baia do Araño antes de que a aldea de Bustelo pertencera á freguesía de San Xoán de Laíño.

Trátase dunha cadeira de pedra, co seu respaldo e unhas marabillosas vistas aos montes da contorna: o Cerqueiro, o monte do Araño, o Treito... A pedra é branca, destacando…


Rianxo - Santa Baia do Araño | Panorámicas

Hórreo localizado na finca da Casa dos de Morales. Ten dou claros, de cámara rectangular de estrutura pétrea, pinches de madeira e pechada con táboas, sobre cepas de cantaría con tornarratos rectangulares. Portas en alzado lonxitudinal e penal. Cubrición con placas de fibrocemento. Sen decoración. Conxunto elevado sobre base de mampostería…


Catoira - San Pedro de Dimo | Hórreos

Hórreo no lugar da Mámoa, moi próximo á fonte e lavadoiro de Suigrexa.


Rianxo - Santa María de Asados | Hórreos

Cruceiro do tipo de cruz, recolocado unha encrucillada de camiños entre os lugares de Suigrexa e Somoza.


Rianxo - Santa María de Asados | Elementos relixiosos

Cruz sobre conxunto edificatorio de acceso a vivenda en Porto de Arriba. A razón de colocar unha cruz sobre as portas era a de evitar "a entrada do demo na casa".


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Elementos relixiosos

Pontella levantada sobre o rego San Cibrán que presenta unha estrutura construída en perpiaño granítico de óptima calidade, presente nos eixos estruturais da ponte, así como na súa cepa central e enlousado, conformado a base de grandes bloques de pedra. A ponte carece de peitoril de seguridade. Destaca a perfecta labra e trabazón da cantaría que conforman as canles que canalizan o río, así como o seu firme.


Catoira - San Miguel de Catoira | Obra civil