Busca

Amosando 73 - 96 de 217 resultados da busca.

O xacemento romano de Iria Flavia foi arrasado en 1994 coa construción dun paso soterrado no lugar de Hortas, obviando a importancia da necrópole romana. Todo isto a pesar de que os primeiros informes arqueolóxicos (1993) consideraban este xacemento de “vital importancia para coñecer o proceso de romanización do Noroeste e a vinculación destas novas poboacións romanas cos pobos indíxenas”.


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arqueoloxía

O Camiño Portugués a Santiago discorre polas parroquias de Santa María de Iria Flavia, Santiago de Padrón e Santa María de Cruces.

Ao seu paso polo lugar de Angueira de Suso, o camiño discorre baixo un emparrado. Trátase dun elemento bioclimático que dá sombra ao camiñante, baixa a temperatura e…


Padrón - Santa María de Cruces | Arqueoloxía

Mámoa no Monte Meda.


Padrón - Santa María de Herbón | Arqueoloxía

Túmulo funerario moi alterado, cunhas dimensións aproximadas duns 11 metros no eixo norte-sur e 14 metros no eixo leste-oeste. A altura máxima conservada é de 0,5 metros. Obsérvanse restos da coiraza de mediano tamaño, aumentando cara á periferia do túmulo, onde coinciden con diversos afloramentos.


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arqueoloxía

O xacemento está situado no fondo da portela existente na dorsal dunha cordal, inmediata á Mámoa da Chansa. Nas remocións efectuadas polas pistas forestais recolléronse restos de material cerámico atribuíble a un posible hábitat da Idade do Bronce, aínda que non se debe descartar que poidan pertencer a algún túmulo funerario xa desaparecido.


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arqueoloxía

O rei Afonso VII doou un enorme terreo no ano 1156 a un descoñecido plebeo, non nobre, de nome Sancho Eanes. O terreo tiña 22 hectáreas nunha das zonas máis ricas e poboadas do Reino de Galicia, limitado por unha serie de marcos (Marco do Porto Lampai, Marco do Couto de Lampai, Marco…


Padrón - Santa María de Cruces | Arqueoloxía

Petróglifo no lugar de Queiruga.


Padrón - Santa María de Cruces | Arqueoloxía

Xacemento arqueolóxico no lugar do Pedroso.


Padrón - Santa María de Cruces | Arqueoloxía

O rei Afonso VII doou un enorme terreo no ano 1156 a un descoñecido plebeo, non nobre, de nome Sancho Eanes. O terreo tiña 22 hectáreas nunha das zonas máis ricas e poboadas do Reino de Galicia, limitado por unha serie de marcos (Marco do Porto Lampai, Marco do Couto de Lampai, Marco dos Coutos e…


Padrón - Santa María de Cruces | Arqueoloxía

O rei Afonso VII doou un enorme terreo no ano 1156 a un descoñecido plebeo, non nobre, de nome Sancho Eanes. O terreo tiña 22 hectáreas nunha das zonas máis ricas e poboadas do Reino de Galicia, limitado por unha serie de marcos (Marco do Porto Lampai, Marco do Couto de Lampai, Marco dos Coutos…

Mámoa localizada no Monte Castrelo, emprazada a uns 150 metros do recinto fortificado denominado O Castelo.


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arqueoloxía

Asentamento castrexo de gran complexidade defensiva. Ten unhas medidas na súa croa ovalada que acadan uns 47 por 39 metros, nos seus eixos maior e menor respectivamente. Está rodeado por unha sucesións de terrapléns e amosa un foxo escavado na rocha, colmatado nalgunha das súas partes, que chega acadar os 7 metros de profundidade na zona leste.


Padrón - San Pedro de Carcacía | Arqueoloxía

Pedra que usaban os nenos do lugar como tobogán para tirarse por ela. Ten un pátina lisa case coma un cristal por onde baixaban escorregando os nenos. Cuns tres metros de altura e escasamente medio metro de pátina.


Dodro - Santa María de Dodro | Arqueoloxía

Ao igual que o Alquerque Nº 2 das Torres de Oeste, trátase dun alquerque de 9 localizado á beira das Torres de Oeste, semellante a moitos outros taboleiros de xogo localizados en castelos e mosteiros medievais en Galicia, na Península e en moitos…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arqueoloxía

Tras os incendios de 2017 descubriuse unha vella muralla de cachotaría que parece rodear unha área duns 70 metros de diámetro. Trátase dunha muralla defensiva, de forma oval e feita de pedra miúda que pode datar do século VIII a.C (Idade de Ferro) e a súa localización nunha ladeira de 120 metros de alto, flanqueado por dúas valgadas naturais que a protexen polo NE e SW e cun amplo dominio sobre a contorna; aínda que hoxe cegada pola…


Catoira - San Pedro de Dimo | Arqueoloxía

Alquerque descuberto por Vanesa Pérez Lorenzo en maio de 2022. Ao igual que o Alquerque Nº 1 das Torres de Oeste, trátase dun alquerque de 9 localizado á beira das Torres de Oeste, semellante a moitos outros…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arqueoloxía

Antigo meandro do río Sar, onde segundo o mito da Traslatio se atoparía o embarcadoiro cunhas escaleiras, que serían as que daban acceso á pedra onde se tería depositado o corpo do Apóstolo Santiago.

Trataríase dunha gran pedra duns cinco metros de lonxitude e de forma cuadrangular, correspondente cunha estrutura citada nos documentos dos séculos XV e XVI. A…


Padrón - Santiago de Padrón | Arqueoloxía

Xacemento rupestre sen catalogar, atopado por Adrián Fernández Delgado en outubro de 2022. Combinación de círculos concéntricos duns 40 centímetros de diámetro, bastante desgastados, no Monte Xiabre. Nas laxes adxacentes pódense observar algunhas cazoletas e posiblemente máis gravados, aínda que…


Catoira - San Mamede de Abalo | Arqueoloxía

Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arqueoloxía

Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arqueoloxía

Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arqueoloxía

Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arqueoloxía

Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arqueoloxía

Tal como conta Cristina Conde Escaloni no seu blogue Descubrindo a historia de Catoira, o Alto de Siagoga, monte entre Cordeiro (Valga) e Catoira, foi o lugar onde os catoirenses loitaron contra as tropas francesas de Napoleón Bonaparte nos primeiros meses do ano 1809.…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arqueoloxía