Busca

Amosando 385 - 408 de 2431 resultados da busca.

Cruceiro da tipoloxía de capeliña ou loreto no lugar da Laxe Pequena.

O conxunto érguese sobre unha laxe de pedra parcialmente asfaltada en época recente. Consta dunha plataforma de tres chanzos sobre a que apoia un varal dunha soa peza de arestas rebaixadas, decorado con catro cunchas nos remates superiores dos chafráns. Capeliña con base tronco piramidal inversa e…


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito no interior dunha finca, situada na marxe leste da estrada de Taragoña, entre Cartomil e Ourolo.

Da tipoloxía de crucifixo, ten unha plataforma de planta cadrada composta por dous chanzos e base prismática sobre a que se ergue un fuste de sección circular. Capitel con decoración vexetal, volutas nos extremos e rostros de anxos alados, que sostén unha…


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito situado na praza de Campo de Pazos, da tipoloxía de imaxe.

Plataforma tres chanzos de sección cadrada. A súa base moldurada posúe unha inscrición que di: ”A DEVOCION DE MANUEL LMEDA Y MANUEL COSTAS TRILLO”. O varal, de sección cadrada coas arestas rebaixadas, dá paso a un capitel decorado con volutas, follas de acanto, querubíns. O conxunto remata…


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito situado nun cruce sobre o camiño principal que baixa á Capela de San Xoán Bautista de Vista Real, da tipoloxía de capeliña.

Plataforma composta por dúas ringleiras de chanzos, aínda que no ano 1970 retiráronselle os tres chanzos…


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito situado nun cruce de camiños rurais, baixo a estrada principal, da tipoloxía de capeliña.

Plataforma enterrada, o varal ten sección cadrada coas arestas rematadas en chafrán. Na súa parte inferior hai gravadas varias cruces e tamén un cáliz. A capela nace sobre unha base troncopiramidal na que aparece o relevo dun anxo con ás nas catro caras. Posúe…


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito da tipoloxía de capela, situado no extremo sur do núcleo, incrustado nun muro de peche de cachotaría, xunto ao acceso á finca.

Posúe un varal de sección cadrada coas arestas rebaixadas. O capitel ten unha base troncopiramidal invertida cun relevo dun anxo con ás, e teitume a catro augas. No interior da capeliña podemos ver unha imaxe pétrea da Virxe co Neno no colo. O conxunto remata nunha cruz de sección…


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Elementos relixiosos

No 1919, era alcalde de Rianxo Manuel Pérez (baixo as ordes do cacique Manuel Viturro, secretario da Comisión Provincial). Ese ano, o pai de Castelao, Mariano Rodríguez, construíu, sen solicitar autorización municipal, a graneira que aínda se conserva neste lugar, na Fincheira.

Viturro, liberal e inimigo acérrimo do pai de Castelao (de tendencia conservadora e que fora…


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Hórreos

Nos terreos do Pazo dos Baltar localizábase esta virxe de granito duns cinco metros de altura, obra do escultor Francisco Asorey, colocada nun espigón sobre o Dique de Baltar na…


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Elementos relixiosos

A fábrica situárase na enseada de Rianxo, na ribeira dereita da ría de Arousa próxima a desembocadura do río Ulla, nunha zona doadamente accesible desde a beiramar e con fácil comunicación co interior, xa por terra, xa río Ulla arriba até Cesures.

Manuel Goday Roura, comerciante orixinario da vila catalana de Canet de Mar (Barcelona), casaba na derradeira década do século XVIII con Francisca Llauguer, dunha familia de…


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura industrial

Hórreo no lugar da Tarroeira, construído en 1918 segundo inscrición existente no lintel.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Hórreos

Hórreo no lugar da Tarroeira.


Valga - San Miguel de Valga | Hórreos

Hórreo na rúa do Campo de Arriba, situado nunha finca detrás da Casa do Concello de Rianxo.


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Hórreos

Cruz inserida no muro de peche dunha finca situada na rúa do Campo de Arriba. A imaxe é unha Virxe co se fillo no colo, moi semellante á do Cruceiro das Neves de Ourolo.


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Elementos relixiosos

Foi fundada no ano 1970 por Manuel Cortizo Valladares e dedícase á fabricación de todo tipo de candeas e candeóns de alta calidade para uso relixioso. Ao inicio eran traballos basicamente manuais, mais pouco a pouco foise automatizando o proceso de fabricación.


Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura industrial

Hórreo coa cimentación de granito e os gabinetes pechados con ladrillos. No pasado debeu ter pombal, polas entradas superiores que aínda conserva.


Catoira - San Miguel de Catoira | Hórreos

Cruceiro do tipo de crucifixo que forma parte do conxunto de edificacións que conforman o Pazo do Barco.


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Elementos relixiosos

Hórreo no lugar de Asadelos.


Rianxo - Santa María de Asados | Hórreos

Hórreo xunto ao lavadoiro de Pedreda.


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Hórreos

Hórreo no lugar de Pedreda.


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Hórreos

Cruz situada a escasos 200 metros da Ponte do Souto, ao carón do antigo Camiño Rural.


Valga - Santa Cristina de Campaña | Elementos relixiosos

Virxe colocada na esquina dunha casa en Vilarello, probablemente procedente dalgún cruceiro da aldea.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos

Hórreo no lugar da Barcia.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Hórreos

Antiga mina de extracción de arxila, situada entre as parroquias de San Pedro de Dimo (Catoira) e Santa Comba de Cordeiro (Valga). A mina operou até o ano 2010, momento no que a empresa quebrou e a contorna mineira quedou abandonada. Actualmente a vella mina converteuse nunha lagoa duns 9.500 metros cadrados.


Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura industrial

Hórreo no lugar do Campanario.


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Hórreos