Busca

Amosando 145 - 155 de 155 resultados da busca.

Localizado no lugar de Abelán da Cruz, no Monte Padronelo. No cruce dos camiños que van a Teaio, Bustelo e A Devesa, antiga encrucillada, punto que separa as aldeas do monte e as do val. Por aquí discorría o Camiño Real que ía de Santiago a Rianxo pasando pola venta da Chisca e polo río da Vexa (Bexo). Descríbeo o Pai Sarmiento na súa…


Dodro - San Xoán de Laíño | Elementos relixiosos

Situado no adro da igrexa parroquial, nun lateral da mesma.

Feito de granito e cemento. Mide 4,50 metros de alto por 2,05 de ancho. O baseamento é de cemento, sobre tres grades cuadrangulares, a primeira delas semisoterrada. O pedestal é de cemento, cúbico, remata con chafráns, paramentos recadrados. O varal é un fuste…


Dodro - San Xoán de Laíño | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de fuste construído en xaneiro de 1992 segundo unha placa no pedestal. Está construído sobre un pedestal tronco piramidal sobre o que está incrustado o fuste ou varal, que comeza e remata en forma cadrada e o resto é de sección octogonal. O capitel é cadrado moldurado na súa parte inferior, con caras nas súas caras e remata cun ábaco de lados redondos. A cruz ten unha sección cadrada no seu comezo, as arestas están chafranados e as…


Dodro - San Xián de Laíño | Elementos relixiosos

Localízase dentro dun recinto cunha mesa e bancos de pedra, na praza do núcleo, á beira da estrada AC-307. Na bibliografía identifícase esta praza coa antiga praza medieval de venda de peixe.

Cruceiro feito de granito. A basa mide 0,70 metros de ancho por 0,20 de alto. O fuste 0,25 (parte inferior) e 0,10 (parte superior). A altura total é de 6 metros.…


Dodro - Santa María de Dodro | Elementos relixiosos

Cruceiro localizado no centro de dous camiños dentro do núcleo.

Está rodeado dun muro de pedra e de reixa de ferro fundido. Sobre o muro atópase o peto de ánimas. É todo de granito. Mide 4,50 metros de alto e 1,50 de ancho. O baseamento é unha plataforma elevada executada a partir de perpiaños…


Dodro - San Xoán de Laíño | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de fuste ou varal construído sobre unha plataforma con tres chanzos cuadrangulares sobre as que se coloca o pedestal de forma prismática e os bordos superiores chafranados. O fuste comeza en forma cadrada e logo faise octogonal. O capitel comeza cun astrágalo sobre o que se coloca un corpo cilíndrico e enriba deste a parte superior do capitel decorada con volutas e cabezas de anxos con ás nos lados e sobre el un ábaco cos lados…


Dodro - San Xián de Laíño | Elementos relixiosos

Masa arborada de especies autóctonas, principalmente carballos (Quercus robur L.), na contorna da Ermida de San Cibrán. No mes de xuño celébrase unha romaría dedicada ao santo, médico da reuma, e até non fai moitos anos organizábase o Curro do Xiabre. Esta festa gandeira, organizada pola Asociación Cabalar do Xiabre, recrea a loita entre homes e cabalos. Celébrase no curro construído á beira da…


Catoira - San Pedro de Dimo | Espazos naturais

Pedras Miúdas ten a súa orixe nunha antiga canteira no monte da que se extraía pedra. Cando a canteira quedou abandonada, a acumulación das choivas creou esta lagoa artificial, que ten unha profundidade de até 30 metros. A empresa propietaria da canteira pretendía converter o lugar nun vertedoiro, mais ante a presión veciñal levouse a cabo un proxecto para transformar o lugar nun espazo naturalizado.

A zona foi declarada como Espazo Natural de Interese Local…


Catoira - San Miguel de Catoira | Espazos naturais

O treito final do río Ulla baña os concellos de Catoira, Valga, Pontecesures, Vilagarcía de Arousa, Padrón, Dodro e Rianxo, formando unha ampla enseada con zonas de marisma e arboredo de ribeira, que pouco a pouco se vai abrindo nunha das máis extensas, ricas e diversas, desde o punto de vista ecolóxico, das rías galegas.


Catoira - Santa Baia de Oeste | Espazos naturais

Este espazo forma, xunto coas Veigas de Campaña e Cordeiro de Valga, unha das zonas húmidas máis grandes de Galicia, cunha riqueza medioambiental de primeira magnitude, protexida pola Rede Natura 2000 (Sistema Fluvial Ulla-Deza). Teñen unha importante variedade de flora e fauna presentando exemplares en perigo de extinción e endemismos da Península Ibérica como o


Dodro - San Xián de Laíño | Espazos naturais

Insua formada polo río Ulla e o río Vello, entre as parroquias de San Xoán de Laíño (Dodro) e Santa María de Isorna (Rianxo), próxima ás insuas de Vilar e da Pomba (Valga).


Dodro - San Xoán de Laíño | Espazos naturais