Busca

Amosando 97 - 120 de 515 resultados da busca.

Túmulo que está situado nunha ladeira do Monte Pelotiña. Mide 11,30 metros no eixo N-S e 13,50 no eixo L-O. A súa altura é de 0,45 metros. Non presenta burato de violación central.


Rianxo - Santa María de Asados | Arqueoloxía

Mámoa no lugar de Piñeiro.


Rianxo - Santa María de Isorna | Arqueoloxía

Conxunto de seis túmulos que se atopan nun rechán de paso entre o Monte Ceán e o Monte do Couto. Este grupo de mámoas sitúase preto da saída cara a Catoira desde a Autovía do Barbanza, á man dereita.


Rianxo - Santa María de Isorna | Arqueoloxía

Conxunto de tres túmulos situados nun espolón do Monte Lioira, no lugar de Cuncha Vieira. Atópanse 800 metros ao sur-sueste do outro conxunto megalítico dos Campiños. Trátase de mámoas moi cubertas pola vexetación, entre as que destaca un túmulo de gran tamaño.

Este túmulo localízase á beira…


Rianxo - Santa María de Leiro | Arqueoloxía

Tamén coñecido como Castro do Portelo, Monte Verme ou Castro de Brión, sitúase nunha pequena península que se interna no mar entre as praias das Cunchas e do Porrón. Está ateigado de maleza e apenas se pode andar pola superficie, mais polo lado que o une a terra intúese unha entrada a carón…


Rianxo - Santa María de Leiro | Arqueoloxía

O castro está situado nunha posición estratéxica que domina a entrada do río Ulla e a Enseada de Leiro desde o Monte Quintáns, a 152 metros de altitude. O monte no que se atopa amosa fortes pendentes polas banda norte, sur e leste, acadando esa altura a tan só 500 metros de distancia das…


Rianxo - Santa María de Isorna | Arqueoloxía

Conxunto de seis túmulos megalíticos que forman a Necrópole dos Campiños, sita nunha chaira disposta lonxitudinalmente sobre a dorsal que cae desde o extremo sur do Monte Lioira. Os túmulos distribúense a ambos lados do camiño a escasos 50 metros do inicio da pista. Hai varias escavadas, mais a máis visible é a última a man dereita, que constitúe o túmulo máis grande.

Mide 22,50 metros no eixo L-O e 23 no N-S. O diámetro do pozo de saqueo é 9 metros, a altura…


Rianxo - Santa María de Isorna | Arqueoloxía

Conxunto de dez túmulos sitos en Burés, que constitúen a Necrópole do Monte Picoto. Están na divisoria entre os concellos de Dodro e Rianxo, e a uns centos de metros ao oeste das catro mámoas da Necrópole da Paradegua, sitas en Bexo (Dodro).

Este túmulo está situado no cumio do monte e atópase…


Rianxo - Santa María de Asados | Arqueoloxía

Asentamento castrexo con croa circular, defendida por un parapeto que pecha case todo o recinto. A súa croa mide 82,10 metros no eixo N-S e 52,20 no L-O. Está lixeiramente inclinada cara ao sur e cara ao leste, seguindo a pendente do terreo. O parapeto interno rodéaa agás no oeste, onde queda interrompido por un camiño, e no sur por un valado de peche dunha finca. Posiblemente o camiño sexa o antigo foxo que, na…


Rianxo - Santa Baia do Araño | Arqueoloxía

Foi localizado casualmente, no lugar chamado Curruncho dos Porcos, polo mariñeiro José María Vicente Somoza no ano 1976 cando construía un alboio de apio no seu traballo no mar. Estaba dentro dun vaso cerámico que foi destruído.

Trátase dunha das pezas de ourivería máis importantes de Galicia, de preto de 300 gramos de ouro, datado entre o 1000 a.C. e o 800 a.C. Ten forma hemisférica con apéndice troncocónico na súa parte superior. Toda a superficie da peza…


Rianxo - Santa María de Leiro | Arqueoloxía

A Estela do Araño, reutilizada nunha sepultura tardía, foi descuberta en 1907 na finca “Erbal de Codesal”, situada a 300 metros da estrada N-550, no camiño vello de Asados. Na actualidade está depositada no Museo de Pontevedra.

Atopouse rota en tres partes, non obstante, consérvase íntegra. Na metade superior, que consta dun frontón curvo, aparece unha figura masculina estante que suxeita no ombro esquerdo un recipiente.…


Rianxo - Santa Baia do Araño | Arqueoloxía

Castro de planta oval, cunha croa orientado ao norte no cumio do Monte Pelotiña. Trátase dun recinto fortificado cunhas medidas de 80 metros (N-S) e 63 metros (O-L), ubicado na zona superior dun outeiro que separa o val de Asados-Araño das estribacións e vales que levan até a ribeira do río Ulla. Emprazado a 217 metros de altura, dispón dunha amplísima perspectiva sobre o territorio que o rodea. O recinto fortificado consta dunha muralla perimetral formada por pedra e…


Rianxo - Santa María de Asados | Arqueoloxía

Sobre un bolo granítico de considerables dimensións, emprázanse os dous conxuntos de motivos, un xusto a media altura, nun pequeno rebaixe que posúe o bolo e que permite o acceso á parte superior.

Os motivos repártense en dous pequenos paneis, un na parte superior (panel 1), xusto ao carón do…


Rianxo - Santa María de Leiro | Arqueoloxía

Petróglifo sobre unha laxe de granito a rentes do chan, con orientación N-S e dominio visual preferente sobre a desembocadura do Ulla e a rasa litoral. A laxe presenta unhas dimensións no eixo N-S de 1,30 metros e no eixo E-W de 2,25. O motivo componse por unha coviña de 4 centímetros de diámetro.


Rianxo - Santa María de Asados | Arqueoloxía

Os petróglifos do Monte Pelotiña están formados por oito conxuntos situados moi preto da Autovía do Barbanza. Os motivos son principalmente, círculos, zigzag e cazoletas, sen que haxa evidencias de figuracións humanas ou animais.

Este petróglifo está insculpido sobre un batolito de granito, con orientación oeste e dominio visual preferente sobre a desembocadura do Ulla e a rasa litoral. O soporte ten unhas dimensións no eixo N-S de 7,30 m e no eixo L-O de 4. Os…


Rianxo - Santa María de Asados | Arqueoloxía

Os petróglifos do Monte Pelotiña están formados por oito conxuntos situados moi preto da Autovía do Barbanza. Os motivos son principalmente, círculos, zigzag e cazoletas, sen que haxa evidencias de figuracións humanas ou animais.

Este petróglifo localízase sobre unha laxe de granito a rentes do chan con orientación N-S. Presenta dominio visual preferente sobre a desembocadura do Ulla e a rasa litoral. Mide 3,45 metros no eixo N-S e 6,15 no L-O. Presenta no sector…


Rianxo - Santa María de Asados | Arqueoloxía

Sobre unha laxe granítica de pequeno tamaño, solta e aparentemente pulida, localizada nun camiño que discorre sobre a aba do Outeiro de Insua, sitúanse nove coviñas de entre 2-3 centímetros de diámetro.


Rianxo - Santa María de Leiro | Arqueoloxía

No 2006 indícase que o gravado se empraza sobre unha laxe granítica apenas sobresaínte do nivel do chan, de 1,40 metros (N-S) e 2,54 (L-O), contendo 5 coviñas.


Rianxo - Santa María de Leiro | Arqueoloxía

Sobre un batolito granítico de 3,5 metros no eixo N-S, 2 metros eixo no L-W e 70 centímetros de altura, cara o seu lateral NO localízase unha cruz latina, de 10 x 7 centímetros de lonxitude de brazo e suco en V de 0,5 centímetros. Posiblemente pertenza a época histórica. A laxe presenta marcas de extracción de cantaría tradicional.


Rianxo - Santa María de Isorna | Arqueoloxía

Laxe situada nas proximidades dun camiño, posiblemente indicadora de termo, dunhas dimensións na área dos gravados de 4 metros no eixo N-S, 3,5 no eixo L-O e 50 centímetros de altura. Sobre a súa superficie, cara ao norte localízanse 3 coviñas, a maior de 7,5 centímetros de diámetro e as restantes de 1,5 centímetros de diámetro. Próxima a elas aparece unha cruz latina de centímetros con sucos en U de 2-3…


Rianxo - Santa María de Leiro | Arqueoloxía

O túmulo foi catalogado tras os incendios forestais de 2006. Na prospección realizada en febreiro de 2014 a zona atopábase cuberta de maleza alta. A mámoa localízase nunha aba orientada ao sueste. Presenta unhas dimensións de 15 metros no eixo N-S, 9 no eixo L-O e unha altura de 0,40 metros. Posúe un burato de violación de 2,43 metros no eixo N-S e 2,30 no L-O, e outro menor de 1,50 metros no eixo N-S e 1,35 no L-O…


Rianxo - Santa María de Leiro | Arqueoloxía

Conxunto de dúas laxes que presentan a súa superficie cuberta de coviñas. A primeira delas, dunhas dimensións de 1,10x1,40 metros nos eixos N-S e L-O, respectivamente, posúe un total aproximado de 96 coviñas de entre 3-2 centímetros de diámetro. A segunda rocha, situada 2 metros ao leste da anterior e de 1x0,85 metros nos eixos N-S e L-O respectivamente, presenta grande número de coviñas moi erosionadas, o que…


Rianxo - Santa María de Isorna | Arqueoloxía

Sobre unha laxe orientada cara ao sur, de 7,80 e 4 metros nos eixos N-S e L-O respectivamente, localízanse 4 cruces e os iniciais F Y, presentando suco en V e localizados a 40 centímetros ao oeste da primeira cruz. A primeira cruz latina, rematada en pé horizontal, está orientada ao norte, e ten unhas dimensións de 13x5 centímetros de lonxitude de brazo e suco en V de 1,5 centímetros. A segunda sitúase a 6…


Rianxo - Santa María de Leiro | Arqueoloxía

Sobre unha grande laxe granítica disposta verticalmente de 1,30 x 1,20 metros de dimensións (alto e longo) e uns 0,40 metros de anchura máxima, localízase inscrita unha cruz latina de 0,17 x 0,10 metros de lonxitude de brazo. Trátase dun gravado de época histórica, que posiblemente actuaría como marca de termo. Os brazos da cruz atópanse pechados.


Rianxo - Santa María de Leiro | Arqueoloxía