Petróglifo do Outeiro da Curuxa

Petróglifo do Outeiro da Curuxa - Rianxo - Santa María de Leiro

Sobre un bolo granítico de considerables dimensións, emprázanse os dous conxuntos de motivos, un xusto a media altura, nun pequeno rebaixe que posúe o bolo e que permite o acceso á parte superior.

Os motivos repártense en dous pequenos paneis, un na parte superior (panel 1), xusto ao carón do corte que presenta a rocha (cantaría tradicional), que está composto por 10 coviñas, de pequeno e mediano tamaño, dispostas sen forma aparente. É probable que o panel fose máis amplo, mais as labores tradicionais de cantaría puideron truncar a continuidade do mesmo. O panel 2 está composto por varias coviñas e trazos que semellan ser círculos concéntricos incompletos.

  • INFORMACIÓN
  • Código: RI-AQ112
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Arqueoloxía
  • Cronoloxía: Idade do Bronce
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: Santa María de Leiro
  • Lugar: O Montiño Agro das Pedras
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (GA15072125)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Mámoa Nº 5 do Monte da Pena

Petróglifo Nº 8 dos Campos

Mámoa Nº 9 do Monte da Pena

Petróglifo Nº 2 de Rial