Castro de Traba

Castro de Traba - Rianxo - Santa Baia do Araño

Asentamento castrexo con croa circular, defendida por un parapeto que pecha case todo o recinto. A súa croa mide 82,10 metros no eixo N-S e 52,20 no L-O. Está lixeiramente inclinada cara ao sur e cara ao leste, seguindo a pendente do terreo. O parapeto interno rodéaa agás no oeste, onde queda interrompido por un camiño, e no sur por un valado de peche dunha finca. Posiblemente o camiño sexa o antigo foxo que, na actualidade, atópase totalmente colmatado. O parapeto acada no nordeste a súa maior altura (case 2 metros desde o interior da cora, mais supera os 6 metros desde o exterior). No leste, e a continuación do parapeto, aparece un aterrazamento duns 20 metros que cae bruscamente aproveitando o desnivel do terreo.

  • INFORMACIÓN
  • Código: RI-AQ001
  • Outras denominacións: O Castriño ou Castro do Araño
  • Tipoloxía: Arqueoloxía
  • Cronoloxía: Idade do Ferro
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: Santa Baia do Araño
  • Lugar: Traba
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Castro en bo estado de conservación do que aínda se conservan murallas e estruturas defensivas. Ao nor-noroeste do parapeto construíuse un depósito de coloración de auga. Unha pista asfaltada rodea todo o monte onde se atopa o castro.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (GA15072001)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Petróglifo Nº 2 de Quintáns

Mámoa Nº 5 dos Campiños

Castelo da Lúa

Mámoa Nº 2 do Monte da Pena