Petróglifo Nº 2 de Rial
No 2006 indícase que o gravado se empraza sobre unha laxe granítica apenas sobresaínte do nivel do chan, de 1,40 metros (N-S) e 2,54 (L-O), contendo 5 coviñas.
- INFORMACIÓN
- Código: RI-AQ107
- Outras denominacións:
- Tipoloxía: Arqueoloxía
- Cronoloxía: Idade do Bronce
- Concello: Rianxo
- Parroquia: Santa María de Leiro
- Lugar: Rial
- Acceso a pé: Bo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
Entre a prospección efectuada en 2006 e a realizada en febreiro de 2014, realizáronse unha serie de actuacións que transformaron a fisionomía da área, consistentes na tala dos piñeiros existentes, socalco das parcelas, construción de varias edificacións e muros de peche, así como a escavación de gabias para tubaxe de auga entre outras. A parcela na que se sitúa o elemento foi cercada por un muro de peche limitando o acceso á mesma. Estas transformacións da paisaxe fan que actualmente (febreiro de 2014), o petróglifo non se atope visible, limitando a valoración do grao de afección que as mesmas puideran ter causado.
- Protección:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (GA15072119)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
- Referencias:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.65348735192 , -8.7665764142491
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.