Busca
A visión dende a Chan do Monte de Valga posibilita unhas vistas panorámicas dos vales dos ríos Valga, Louro, e Ulla, así coma dos montes da contorna.
Valga - San Miguel de Valga | Panorámicas
Punto dende o que poder observar o Sistema fluvial Ulla-Deza, incluído na Rede Natura 2000. Destaca a presenza das brañas, tanto na beira de Valga como na de Dodro.
Valga - Santa Cristina de Campaña | Panorámicas
Punto desde o que poder observar o Sistema fluvial Ulla-Deza, incluído na Rede Natura 2000. Destaca a presenza das brañas, tanto na beira de Valga como na de Dodro. O topónimo A Telleira fai referencia á Telleira de Vilarello, hoxe desaparecida, que se emprazaba neste lugar.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Panorámicas
Un afloramento rochoso no Monte dos Penoucos, que se atopa a uns 250 metros de altura sobre o nivel do mar, permite unha panorámica completa dos vales dos ríos Valga, Louro e Ulla.
Valga - San Miguel de Valga | Panorámicas
Este espazo forma, xunto coas Veigas de Campaña e Cordeiro de Valga, unha das zonas húmidas máis grandes de Galicia, cunha riqueza medioambiental de primeira magnitude, protexida pola Rede Natura 2000 (Sistema Fluvial Ulla-Deza). Teñen unha importante variedade de flora e fauna presentando exemplares en perigo de extinción e endemismos da Península Ibérica como o …
Dodro - San Xián de Laíño | Espazos naturais
Insua formada polo río Ulla e o río Vello, entre as parroquias de San Xoán de Laíño (Dodro) e Santa María de Isorna (Rianxo), próxima ás insuas de Vilar e da Pomba (Valga).
Dodro - San Xoán de Laíño | Espazos naturais
O río Valga, ao que xa se incorporou o caudal do rego do Ferreño, forma un estreito val encaixado en penedos graníticos. Neste punto fórmase un salto de auga situado entre Parafita e Raxoi, cunha altura de caída da auga duns 10 metros.
Valga - San Miguel de Valga | Espazos naturais
Nas barreiras das Gándaras Campaña extraeuse barro desde que existe constancia documental, ao redor do ano 1750. Nun principio non foi unha barreira única, senón que eran unha serie de barreiras próximas ás diferentes barreiras que había no lugar. O barro non era de grande calidade, senón rico en xisto e con pouca liga. Coa instalación da …
Valga - Santa Cristina de Campaña | Arquitectura industrial

No punto onde o rego do Ferreño se une co río Valga, fórmase este salto de auga situado entre Parafita e Raxoi, cunha altura de caída da auga duns 6 metros.
Valga - San Miguel de Valga | Espazos naturais
O río Valga, a canle procedente do Muíño de Carlés e a que fornece ao Muíño de Casadamil, forman unha illa fluvial, na que o bosque de ribeira ponse de manifesto coa presenza de freixos, ameneiros, bidueiros ou salgueiros.…
Valga - San Miguel de Valga | Espazos naturais
O Sistema Fluvial Ulla-Deza (Rede Natura 2000) está formado polo río Ulla e as áreas húmidas lindeiras: as Brañas de Laíño e as Veigas de Campaña e Cordeiro. Presenta unha grande variedade de comunidades vexetais adaptadas ao distintos graos de salinidade, como son carrizos,…