Busca
Panorámica do val do Ulla desde o lugar de Castro.
Dodro - San Xoán de Laíño | Panorámicas
Situado na entrada sur da aldea, a escasos metros da fonte e lavadoiro de Sar, nun xardín moi ben coidado propiedade da casa nº 2, á que pertence o hórreo.
O hórreo levántase sobre unha camada de cemento. Non ten repisa, en troques, as cepas asentan sobre bases rectangulares máis anchas de perpiaños de…
Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos
Situado no alto, nun outeiro, no ángulo NW do núcleo.
A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito, de factura ruda. Non ten soportes, asentando o tornarratos, corrido, directamente sobre a repisa. Ten dous claros, con balaústres de madeira e unha cinta, aínda que conserva a madeira en moi mal estado. Ten, aínda que en moi mal estado,…
Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos
Traída de auga que chegaba ao Pazo do Marqués de Bendaña a través dunha longa canle labrada en pedra duns 400 metros de lonxitude.
Dodro - Santa María de Dodro | Arquitectura da auga
Muíño de dous andares ao carón da Ponte da Barca, que aproveitaba a represa das Pesqueiras da Canle. Entre finais dos anos 70 e principios dos 80, foi reconvertido en estación de bombeo da rede de auga potable do Concello de Pontecesures, aproveitando a…
Padrón - Santa María de Herbón | Arquitectura da auga
Fonte e lavadoiro no lugar da Medela.
Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga
Fonte e lavadoiro no lugar do Campo.
Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura da auga
Fonte e lavadoiro no lugar de Beiro, a poucos metros da Igrexa Vella.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Fonte á beira do camiño que leva ao Convento de Santo Antonio de Herbón, moi usada polos veciños de camiño á novena de Santo Antonio.
Padrón - Santa María de Herbón | Arquitectura da auga
Fonte acaroada a un dos laterais da Capela de San Bieito de Bascuas.
Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura da auga
Fonte na que a auga abrolla ao pé do peto de ánimas de Pedroso do Norte, que que posteriormente vai dar á pía do lavadoiro.
Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura da auga
Fonte na que a auga abrolla dun cano de pedra e que posteriormente vai dar á pía do lavadoiro a través dunha canle tamén de pedra.
Padrón - San Pedro de Carcacía | Arquitectura da auga
Muíño emprazado na ribeira do rego da Rocha, poucos metros antes de desembocar no río Ulla.
Padrón - Santa María de Herbón | Arquitectura da auga
Fonte no lugar que dá nome a esta fonte, onde a auga abrolla por un cano de pedra.
Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga
Panorámica do val do río Ulla desde Caldebarcos.
Dodro - San Xián de Laíño | Panorámicas
Lavadoiro no lugar de Luáns.
Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arquitectura da auga
Lavadoiro no lugar da Matanza.
Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arquitectura da auga
Fonte e lavadoiro no lugar de Teaio, con pedras de lavar e pía. Cuberta de tella curva sobre armazón de madeira, apoiada en columnas de pedra.
Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura da auga
Situado no patio privada da casa á que pertence, o nº 46 do núcleo, na zona coñecida como O Souto.
A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito. Os soportes son tres cepas de pedra, molduradas na parte superior. O gabinete do leste está pechado con ladrillos. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten dous claros,…
Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos
Situado no lugar coñecido como O Outeiro, na entrada sur de Reboiras, ao pé dunha pista asfaltada.
Trátase dun fermoso exemplar de hórreo mixto con decoración nos pinches. A cimentación é unha repisa de cachotaría de granito moi alta, aproximadamente duns 3 metros de altura. Os soportes son catro cepas de pedra de gran robustez. O tornarratos é unha…