Hórreo de Reboiras

Hórreo de Reboiras - Dodro - San Xián de Laíño

Imaxe: Beatriz Pereiras

Situado no lugar coñecido como O Outeiro, na entrada sur de Reboiras, ao pé dunha pista asfaltada.

Trátase dun fermoso exemplar de hórreo mixto con decoración nos pinches. A cimentación é unha repisa de cachotaría de granito moi alta, aproximadamente duns 3 metros de altura. Os soportes son catro cepas de pedra de gran robustez. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten tres claros, non conservando o peche de madeira ningún deles. Columnas e cornixa de pedra. Penal dianteiro de pedra, non conservando a folla de madeira da porta, rematando o van da entrada en arco, e penal traseiro tamén de pedra con oito fendas de ventilación horizontais. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Presenta os pinches decorados con motivos en relevo: o dianteiro con motivo floral inscrito en dous círculos, e no traseiro con círculo en relevo co interior escavado e cun pequeno orificio central de aireación. Son visibles dous arcos, de pedra, sobre os que descansaría a armazón da cubrición e que asentan sobre a cornixa. Non conserva a cubrición, que sería de tella do país, estando totalmente derruído no interior do propio hórreo. Remates: cruz latina alta florenzada con botón central e moldurada; e pináculo piramidal de gran tamaño. Orientado ao N.

No 2010,  segundo o propietario é moi antigo, xa que el ten 82 anos e xa o recorda sempre. Por factura parece, efectivamente, moi antigo.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-HO252
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Hórreos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xián de Laíño
  • Lugar: Reboiras
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Moi mala, en estado absolutamente ruinoso. Non conserva a madeira nin a cubrición, deixando ver o esqueleto de pedra, con arcos pétreos para a suxeición da cubrición.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 124)

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Hórreo da Eira das Pías

Hórreo de Vigo

Hórreo de Bustelo

Hórreo de Manselle