Busca
Desaparecido restaurante que era sinónimo do bo comer e unha das referencias culinarias en Galicia, por aquilo de situarse á beira da N-550. Tiña como especialidades da casa a empanada de lamprea e o biscoito saboiano, ademáis de salmón, troitas, mariscos ou a "tortilla celta", de varios pisos con legumes variadas entre eles.
Foi un dos restaurantes de referencia para moitos santiagueses, principalmente persoas de alto poder adquisitivo como empresarios,…
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil
Edificación que albergaba o matadoiro municipal de Cesures, construído en 1952, coincidindo coa cuarta Feira do Automóbil de Ocasión. Foi empregado como local de Protección Civil, e desde o ano 2024 é o espazo usado pola Asociación Valeira de Pontecesures para realizar as súas actividades.
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil
Desde a Praza de Abastos de Cesures, as patifas levaban a patela ou panela a costas (ben sobre a cabeza, ben a lombo dun burro) cheas de peixe “cativo” (sardiña, xouba, xurelo... os máis resistentes, ou lamprea na tempada desta), percorrendo camiños até Lestedo, Santiago, A Estrada, Vedra, Boqueixón...
As ganancias das vendas eran ás veces mínimas, mais a “esmola era boa”. Así, ás veces a balanza inclinábase máis ao cambiar peixe por millo, centeo,…
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil
Edificación incluída no Catálogo de Patrimonio Histórico do PXOM do Concello de Pontecesures e no Catálogo do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia. Vivenda que ten certo aire modernista, con dúas torres e terraza superior.
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil
Cesar Portela, o autor do proxecto, defíneo do seguinte xeito: “O edificio da nova casa consistorial proxéctase nun soar alongado que ten fronte a unha vía do casco e á avenida de circunvalación. O réxime de propiedade dos terreos na zona e a diferenza de cota existente presenta dificultades de comunicación entre ámbalas dúas vías, o que obriga a resolver o seu enlace sobre esta parcela de propiedade municipal mediante senllas escalinatas que descorren a ambos os…
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil
Edificación vinculada ao Alfolín da Renda do Tabaco, construída na mesma data.
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil
Vivenda na rúa José Novo coa fachada decorada con azulexos e galería realizada en forxa metálica.
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil
Vivenda no lugar de Redondo que ten unha das súas paredes cuberta por cunchas de vieira. Trátase dun recurso tradicional moi vistoso e propio, que consistía en illar o penal máis exposto e propenso a recibir chuvia e humidade con cunchas de vieira.

Nesta casa da rúa Portarraxoi naceu, o 10 de xullo de 1916, o escritor e xornalista Raimundo García Domínguez “Borobó”. Aínda que o de Borobó é o seu máis coñecido pseudónimo, tamén foi coñecido por outros pseudónimos e heterónimos, entre eles os de Raimundo Lozano, J. Sierra, Ánxel Novo, Xoán Porreás, Tina ou La Piñeira.
Estudou o bacharelato en Pontecesures e despois cursou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de…
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil
Edificación que acolleu a Casa do Concello de Pontecesures durante 49 anos, desde a segregación de Cesures do Concello de Valga en 1925, até a inauguración da actual casa consistorial en 1974. Na actualidade alberga a biblioteca municipal.…
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil
As escolas unitarias eran as existentes no rural galego hai varias décadas, mostra da vida propia das parroquias, que entón eran as máis importantes social e administrativamente. As parroquias foron, pouco a pouco, sendo desposadas da súa organización e estrutura, cando os mestres deixaron de vivir na mesma parroquia, os curas escasearon, e as escolas pasaron a ser grupos escolares xeralmente na capitalidade do concello para optimizar os…
Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura civil
Edificación hoxe desaparecida, inaugurada no ano 1952. Emprazábase onde na actualidade está o edificio da Cafetería As Torres. Construída cunha estrutura aberta, con reixa, para conseguir unha boa ventilación e evitar posibles malos cheiros.
Catoira - San Miguel de Catoira | Arquitectura civil
Na Casa do Río, noutros tempos o almacén familiar da Casa Lozano, viviu o escritor e xornalista Raimundo García Domínguez “Borobó”, quen nacera nunha casa da rúa Portarraxoi o 10 de xullo de 1916. Aínda que o de Borobó é o seu máis coñecido pseudónimo, tamén foi coñecido por outros pseudónimos e heterónimos,…
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil
O Salón Cesures foi o primeiro cine que tivo Pontecesures, aínda que cunha duración moi curta. Estaba localizado na Factoría, ao carón do Alfolín da Renda do Tabaco. En 1925, o día da Romaría de San Lázaro, estreouse “La Casa de Troya” e outro día actuou o violinista internacional…
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil
O que na actualidade é o centro de saúde, foi construído orixinalmente para albergar a escola unitaria feminina de Catoira.
As escolas unitarias eran as existentes no rural galego hai varias décadas, mostra da vida propia das parroquias, que entón eran as máis importantes social e administrativamente. As parroquias foron, pouco a pouco, sendo desposadas da súa…
Catoira - San Miguel de Catoira | Arquitectura civil
Onde na actualidade está a Casa Pedreiro, existía antigamente unha vivenda na que, un 16 de marzo de 1897, nacía Carlos Maside. Segundo nos informa Daniel Seijas, a casa orixinal onde nacera foi derrubada a comezos dos anos 60.
Pintor, debuxante e gravador, Carlos Maside é considerado como o indiscutible…
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil
Hoxe desaparecida, nela deuse clase até que se construíu o colexio. Posteriormente destinouse para nenas e nenos que aínda non ían ao colexio e tamén se usou como lugar de ensaio da Coral Raíces de Catoira.
Catoira - San Miguel de Catoira | Arquitectura civil
O antigo hotel era unha construción de pedra, situada en medio dun terreo de case dúas hectáreas, no centro do núcleo urbano, a pouco máis de 150 metros do río Ulla e a uns 350 metros do Balneario Laxinias. O hotel é unha fermosa casa de pedra situada no medio de o terreo, goza de boas vistas á ría, ten 20 cuartos, un comedor-galería e unha ampla cociña. O complexo aparece…
Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura civil
Localizado a uns 350 metros do Hotel Balneario Catoira, trátase dun modesto edificio de baños de planta baixa, rectangular e cuberta a catro augas, máis en consonancia cun balneario rural que cos grandes balnearios da provincia de Pontevedra. O balneario, inicialmente foi unha construción de madeira con oito cuartos de baño e un salón de espera. Ten oito pilas, catro de…