Busca

Amosando 241 - 264 de 455 resultados da busca.

Xunto con outro muíño, localízase na ribeira do rego que baixa polo Monte de Beiro até confluír no río Louro. Trátase dun muíño de planta rectangular construído en cachotaría granítica asentada en seco. Presenta tellado a unha auga.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Cruceiro localizado na finca pertencente á Casa do Sisto.


Valga - Santa María de Xanza | Elementos relixiosos

Vía crucis formado por 11 cruces que rodean ao adro da Igrexa de Santa María de Xanza.


Valga - Santa María de Xanza | Elementos relixiosos

Na ribeira do río Louro. Trátase dun muíño de planta rectangular construído en cachotaría granítica asentada en seco. Presenta tellado a dúas augas.


Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura da auga

Ao igual que o Alquerque Nº 2 das Torres de Oeste, trátase dun alquerque de 9 localizado á beira das Torres de Oeste, semellante a moitos outros taboleiros de xogo localizados en castelos e mosteiros medievais en Galicia, na Península e en moitos…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arqueoloxía

A Xunta de Galicia iniciou os trámites para incluír este muíño no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia, segundo figura na resolución publicada no Diario Oficial de Galicia do 22 de novembro de 2023, e do que se extrae o texto que segue a continuación.

O Muíño de Barro está nunha contorna rural de agra,…


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Tras os incendios de 2017 descubriuse unha vella muralla de cachotaría que parece rodear unha área duns 70 metros de diámetro. Trátase dunha muralla defensiva, de forma oval e feita de pedra miúda que pode datar do século VIII a.C (Idade de Ferro) e a súa localización nunha ladeira de 120 metros de alto, flanqueado por dúas valgadas naturais que a protexen polo NE e SW e cun amplo dominio sobre a contorna; aínda que hoxe cegada pola…


Catoira - San Pedro de Dimo | Arqueoloxía

Alquerque descuberto por Vanesa Pérez Lorenzo en maio de 2022. Ao igual que o Alquerque Nº 1 das Torres de Oeste, trátase dun alquerque de 9 localizado á beira das Torres de Oeste, semellante a moitos outros…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arqueoloxía

Xacemento rupestre sen catalogar, atopado por Adrián Fernández Delgado en outubro de 2022. Combinación de círculos concéntricos duns 40 centímetros de diámetro, bastante desgastados, no Monte Xiabre. Nas laxes adxacentes pódense observar algunhas cazoletas e posiblemente máis gravados, aínda que…


Catoira - San Mamede de Abalo | Arqueoloxía

Fonte localizada na rúa da Estación, no muro de peche da Capela de San Xosé ObreiroEsta fonte “substituíu” á desaparecida fonte e lavadoiro da Estación,…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura da auga

Fonte e lavadoiro na Estación, actualmente desaparecida. Até finais dos anos 80 estaba na curva da Estación, onde a chamada Casa de Abel e preto do antigo comercio de Elisa Guillán. Emprazábase ao lado dun camiño estreito coñecido como o “camiño de vacas”, polo que só pasaba un carro de gando, do cal quedaba moi estreito para os novos vehículos máis anchos, polo que fixeron uns arranxos para amplialo, quitando o teito e a mesa e deixando…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura da auga

Fonte localizada na Avenida da Ponte, no cruzamento onde está o Bar Canguro. As testemuñas din que quixeron facer a estrada por enriba dela, mais finalmente isto non sucedeu. A fonte é dun só cano e ten dous buratos onde posiblemente habería unha placa ou inscrición.


Catoira - San Miguel de Catoira | Arquitectura da auga

A Fonte dos Telleiros ou Fonte da Pasaxe é un manancial onde nace a auga que se utilizaba na Telleira das Rañas, cando esta aínda estaba en funcionamento.


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura da auga

Tal como conta Cristina Conde Escaloni no seu blogue Descubrindo a historia de Catoira, o Alto de Siagoga, monte entre Cordeiro (Valga) e Catoira, foi o lugar onde os catoirenses loitaron contra as tropas francesas de Napoleón Bonaparte nos primeiros meses do ano 1809.…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arqueoloxía

As augas de Catoira nacen nun terreo granítico, afectado pola falla de dirección NE-SO que dá orixe á ría de Arousa e ao río Ulla. Tivo tres mananciais, estando soterrado o que se atopaba ao carón da Igrexa de San Miguel de Catoira. Hoxe en día consérvanse dous: este pequeno manancial preto das…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura da auga

Petróglifo procedente dun muro de Dimo, que durante anos estivo gardado nunha nave municipal, nunhas condicións de conservación moi deficientes. No ano 2023, tras unha denuncia pública realizada por Cristina Conde Escaloni, o Concello de Catoira trasladouno ao CACTO (Centro de Activación Cultural Torres de Oeste), onde na actualidade está exposto.


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arqueoloxía

Cruz situada a escasos 200 metros da Ponte do Souto, ao carón do antigo Camiño Rural.


Valga - Santa Cristina de Campaña | Elementos relixiosos

Virxe colocada na esquina dunha casa en Vilarello, probablemente procedente dalgún cruceiro da aldea.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos

Conxunto de dous muíños e unha pontella na ribeira do río Batán, derrubados pola construción da vía do tren de alta velocidade.


Catoira - San Mamede de Abalo | Arquitectura da auga

Con case 13 metros de longo, é o lavadoiro máis longo de Valga. Está integramente construído en formigón e a cuberta de fibrocemento. Emprazado na ribeira do río Valga, xunto ao Muíño da Torre.


Valga - Santa Cristina de Campaña | Arquitectura da auga

Situado na ribeira do río Valga, xunto ao Lavadoiro da Torre. Trátase dun muíño de planta rectangular construído en cachotería granítica, coas xuntas unidas con cemento. Presenta tellado a dúas augas, coa cuberta en tella do país.


Valga - Santa Cristina de Campaña | Arquitectura da auga

Tamén se lle coñece coa denominación de Fonte Serantes, a pía está formada por material cerámico revestido con morteiro de cemento, semisoterrada con respecto ao nivel do solo. Piares de suxeición e cuberta en formigón, acabada en tella do país.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Fonte acaroada a un muro de pedra no lugar de Magariños.


Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura da auga

Antiga mina de extracción de arxila, situada entre as parroquias de San Pedro de Dimo (Catoira) e Santa Comba de Cordeiro (Valga). A mina operou até o ano 2010, momento no que a empresa quebrou e a contorna mineira quedou abandonada. Actualmente a vella mina converteuse nunha lagoa duns 9.500 metros cadrados.


Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura industrial