Busca
Cine que funcionou desde o 1948 ao 1980, cunha fachada de 15,10 metros, e un longo de 51,20.
O texto que segue a continuación é autoría de Xosé Camoxo.
Nos inicios da posguerra, comezaba no municipio rianxeiro a tomarse en serio o negocio das salas cinematográficas. Os empresarios, que debían convencer ao gobernador para evitar impedimentos á hora da autorización oficial, atoparon unha…
Rianxo - Santa María de Asados | Arquitectura civil
Vivenda no lugar de Quintáns que ten unha das súas paredes cuberta por cunchas de vieira. Trátase dun recurso tradicional moi vistoso e propio, que consistía en illar o penal máis exposto e propenso a recibir chuvia e humidade con cunchas de vieira.
Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura civil
Na década dos anos sesenta e setenta, e incluso nos oitenta, era habitual ver navegar o leito do río Ulla por grandes barcazas cargadas de area. Era unha actividade emerxente que naceu baixo o paraugas da construción, pois as obras, tanto públicas como privadas, comezaban a alorar por todos os municipios da comarca e Galicia. Foi unha actividade moi importante e que deu de comer a moitas…
Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura industrial
Palco octogonal construído en pedra.
Rianxo - Santa María de Isorna | Obra civil
Casa grande no lugar do Forno.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura civil
Aínda quedan o restos da edificación (garita) vinculada ao desaparecido paso a nivel de Vilar que servía para cruzar a vía de ferrocarril que comunicaba Carril (Vilagarcía de Arousa) e Cornes (Santiago).
A primeira liña de tren do estado inaugurouse no ano 1848, cubrindo a distancia entre Barcelona e Mataró. Unha década despois, a fidalguía e a burguesía influínte galega comezaron a barallar a necesidade dunha vía férrea en Galicia, considerándose varias…
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Obra civil
No 1927 a Cerámica de Campaña (Novo y Sierrra) construía un moderno sistema Bleichert funicular de trasporte aéreo para a arxila que se extraía da Mina Mercedes, así como os materiais cerámicos que se producían na factoría, até o…
Valga - Santa Cristina de Campaña | Arquitectura industrial
Pombal de planta circular duns 6 metros de diámetro. Muros de cachotería enfuscados e pintados.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Obra civil
Antigos pasais que atravesaban o río Sar Vello, no lugar do Pombal, xa no Campo da Insua. Estes desapareceron coa construción do desvío do río Sar.
Padrón - Santa María de Iria Flavia | Obra civil
Conxunto de vivendas e edificacións auxiliares que conforman o lugar de Brión.
Rianxo - Santa María de Leiro | Arquitectura civil
Conxunto de vivendas e edificacións auxiliares que conforman o lugar de Quintáns.
Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura civil
Conxunto de vivendas e edificacións auxiliares que conforman o lugar de Rañó.
Rianxo - Santa María de Leiro | Arquitectura civil
Hórreo tipo Noia de dous claros, construído integramente en pedra de grao, de cámara rectangular sobre cepas de cantaría e pechado con doelas pétreas e cuberta de pedra. Voo na parte inferior da grade como tornarratos. Porta en alzado penal. Decoración con cruz latina sen figuración e pináculo con dobre bola. Situado sobre soleira de nivelación, composta por un muro de cachotaría.…
Catoira - San Miguel de Catoira | Hórreos
Na parede dunha das torres do Santuario da Escravitude localízase este reloxo de sol de tipoloxía declinante a poñente, co gnomon dobrado, e coa inscrición: "POLI ARTICI / GRADI?? / AÑO IVBILEI 1745".