Busca
Fonte localizada na Avenida da Ponte, no cruzamento onde está o Bar Canguro. As testemuñas din que quixeron facer a estrada por enriba dela, mais finalmente isto non sucedeu. A fonte é dun só cano e ten dous buratos onde posiblemente habería unha placa ou inscrición.
Catoira - San Miguel de Catoira | Arquitectura da auga
A Fonte dos Telleiros ou Fonte da Pasaxe é un manancial onde nace a auga que se utilizaba na Telleira das Rañas, cando esta aínda estaba en funcionamento.
Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura da auga
Capela acaroada no lado sur, que forma parte do conxunto de edificacións que conforman o Pazo de Tarrío.
Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura relixiosa
A sepultura de Dominica Borja Ferraguela é a única que existe na actualidade no adro da Igrexa de San Miguel de Catoira, unha moza xitana sobre a que Cristina Conde Escaloni conta a súa hisotira no seu blogue …
Catoira - San Miguel de Catoira | Obra civil
As augas de Catoira nacen nun terreo granítico, afectado pola falla de dirección NE-SO que dá orixe á ría de Arousa e ao río Ulla. Tivo tres mananciais, estando soterrado o que se atopaba ao carón da Igrexa de San Miguel de Catoira. Hoxe en día consérvanse dous: este pequeno manancial preto das…
Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura da auga
Conxunto de sete lacenas nunha vivenda da aldea de Bustelo. Seguramente sexa o máis grande de Dodro, e tamén de toda a comarca.
As lacenas das abellas son unhas pequenas construcións que permitiron desde moi antigo, e aínda permiten hoxe, que as abellas formasen parte da casa e, xa que logo, cos enxames de abellas na casa ou preto supuxo para os labregos e labregas ter…
Dodro - San Xoán de Laíño | Obra civil
Lacena situada no interior da columna dunha vivenda na aldea de Pexegueiro.
As lacenas das abellas son unhas pequenas construcións que permitiron desde moi antigo, e aínda permiten hoxe, que as abellas formasen parte da casa e, xa que logo, cos enxames de abellas na casa ou preto supuxo para os labregos e labregas ter a man a posibilidade de satisfaceren as súas…
Dodro - San Xián de Laíño | Obra civil
Conxunto de dous muíños e unha pontella na ribeira do río Batán, derrubados pola construción da vía do tren de alta velocidade.
Catoira - San Mamede de Abalo | Arquitectura da auga
Localizado na actual Avenida da Ponte de Catoira, no cruzamento onde está o Bar Canguro. Este fito ou marco indica o punto quilométrico 10 da estrada Cesures - Carril (PO-548) e debe ser o único, ou dos moi poucos que na actualidade aínda se conservan de cando se construíu a estrada.
Catoira - San Miguel de Catoira | Obra civil
Extensión de cantos e pequenas pedras na beira sur do río Ulla. Dependendo do estado da marea, alta ou baixa, a praia é mais ou menos extensa. Toda esta zona sur do río conta cunha gran riqueza ecolóxica, debido á gran cantidade de especies animais e vexetais que nel se atopan.
Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Espazos naturais
Parte saínte da costa, composta por rochas graníticas, que penetra no río Ulla. Este espazo, onde se ergue o Cruceiro do Salgueiral, é o antigo linde que…
Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Espazos naturais
Parte saínte da costa, composta por rochas graníticas, que penetra no río Ulla. Toda esta zona sur do río conta cunha gran riqueza ecolóxica, debido á gran cantidade de especies animais e vexetais que nel se atopan.
Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Espazos naturais
O dicionario da Real Academia Galega define o termo enseada como un “entrante do mar na terra, máis pequeno ca o golfo, que pode servir de abrigo ás embarcacións”. Esta enseada atópase no tramo final do río Ulla, que se localiza entre a zona de Padrón, e a de Vilagarcía de Arousa e Rianxo. É neste último tramo onde está…
Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Espazos naturais
Parte saínte da costa, composta por rochas graníticas, que penetra no río Ulla. Toda esta zona sur do río conta cunha gran riqueza ecolóxica, debido á gran cantidade de especies animais e vexetais que nel se atopan.
Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Espazos naturais
Preto do Aghuadeliño, nun lugar chamado O Monte do Ceo, estaba o San Xoán Vello. Esta igrexa non é coñecida nos libros nin figura en ningún catálogo oficial do Concello de Vilagarcía de Arousa. Nin os máis vellos lembran o edificio en pé, mais algúns saben que nese lugar estaban as ruínas e os terreos que aínda conservan ese nome. A lenda conta que a aquel templo vello primeiro caéralle o teito, e logo estragáranse as paredes, e así foi como o santo…
Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arquitectura relixiosa
Parte saínte da costa, composta por rochas graníticas e pequenos espazos de area, que penetra no río Ulla. Toda esta zona sur do río conta cunha gran riqueza ecolóxica, debido á gran cantidade de especies animais e vexetais que nel se atopan.
Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Espazos naturais
Parte saínte da costa, composta por rochas graníticas, que penetra no río Ulla. Toda esta zona sur do río conta cunha gran riqueza ecolóxica, debido á gran cantidade de especies animais e vexetais que nel se atopan.
Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Espazos naturais
Pontella sobre o rego da Amproa.
Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Obra civil
Muíño de cubo na ribeira do rego da Amproa.
Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arquitectura da auga
Lavadoiro localizado no espazo natural da Granxa, de planta rectangular con catro fiadas de follas de pedra para lavar e unha plataforma que o rodea onde se asenta un banco corrido. Está protexido por muros de contención para delimitar o recinto e aínda se poden ver os piares que sostiñan o tellado.
…
Vilagarcía de Arousa - Santiago de Fóra (O Carril) | Arquitectura da auga
Pequena extensión de area e rochas na beira sur do río Ulla. Dependendo do estado da marea, alta ou baixa, o areal é máis ou menos extenso. Toda esta zona sur do río conta cunha gran riqueza ecolóxica, debido á gran cantidade de especies animais e vexetais que nel se atopan.
Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Espazos naturais
Pequena extensión de area e rochas na beira sur do río Ulla. Dependendo do estado da marea, alta ou baixa, o areal é máis ou menos extenso. Para chegar até este espazo é preciso ir polo camiño que vai polo carón das vías do tren e que se dirixe cara a …
Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Espazos naturais
Muíño na ribeira do rego da Amproa.