Enseada da Igrexa

Enseada da Igrexa - Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio

Imaxe: Vanesa Lago Somoza

O dicionario da Real Academia Galega define o termo enseada como un “entrante do mar na terra, máis pequeno ca o golfo, que pode servir de abrigo ás embarcacións”. Esta enseada atópase no tramo final do río Ulla, que se localiza entre a zona de Padrón, e a de Vilagarcía de Arousa e Rianxo. É neste último tramo onde está a liña imaxinaria que separa o río da ría, liña que debe trazarse desde o faro do dique de Santiago do Carril, no concello de Vilagarcía de Arousa, até a Punta Seveira, no concello de Rianxo. 

Neste espazo atopamos unha ampla zona de marisma (na zona máis alta, Catoira) mentres que nas zonas baixas é onde ca marea baixa pódense apreciar os Lombos do Ulla (zona de Bamio). Os denominados lombos son uns montículos ou illotes de area que se forman debido ao efecto das correntes mariñas. Toda esta zona sur do río conta cunha gran riqueza ecolóxica, debido á gran cantidade de especies animais e vexetais que nel se atopan.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Punta Rebateira

Punta Remuíño

Praia do Redo

Punta Canteira