A Granxa

A Granxa - Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio

Imaxe: Vanesa Lago Somoza

Trátase dun espazo natural preto da costa no que existe unha gran cantidade de especies arbóreas. Neste lugar predominan os loureiros e as hedras que medran indistintamente por todo este espazo. No que á presenza do home se refire, só se pode apreciar pola existencia de estreitos sendeiros que nos levan polo pequeno bosque e a existencia dalgúns muros. Estes muros serven para delimitar as propiedades, aínda que se debe destacar o feito de que non se tratan de muros altos, senón que estes roldan o metro nalgunhas zonas, mentres que noutras soamente son un par de fiadas de pedras.

Nesta zona desembocaba o Camiño Real polo que ían os carros cando tiñan que ir á ribeira a buscar algas ou marisco. Aínda hoxe é posible ir desde a ribeira até o Cemiterio de Carril, localizado no Salgueiral. Este espazo natural atópase entre a parroquia de San Xens de Bamio e a de Santiago do Carril, aínda que pertencente xa á parte de Carril, neste lugar atópase un lavadoiro e unha fonte coñecida como a Fonte Santa.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Praia da Senra

Enseada da Igrexa

Punta Remuíño

Praia de Longa