Busca

Amosando 169 - 192 de 2022 resultados da busca.

Hórreo no lugar de Condide, cunhas dimensión de: 11,25 metros de longo, 1,25 de ancho, 1,70 de altura da cámara e 2,30 de altura do pinche. Unha cruz latina e un turuleco adornan, rematan e protexen as colleitas deste hórreo.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Hórreos

Aquí naceu Eusebio Lorenzo Baleirón o 25 de xaneiro de 1962. Morreu nesta casa o 14 de decembro de 1986. A Asociación de Escritores en Lingua Galega colocou unha placa na fachada como homenaxe ao poeta. A aldea aparece nos seus versos: “Mal coñecín a sombra dos meus pasos,/ lugares nun relanzo onde medrar a hedra/ abeirado da chuva do Tarrío con néboa”. Velaquí os lugares familiares nos que se criou Eusebio, a Eira e a Eira do…


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura civil

É a casa dun indiano, O Brañeiro, cunha fermosa fonte ao fondo dunha escaleira de pedra que ten inscrita a data de 1910. Nunha das dependencias gardábase un vello Chevrolet do que aínda quedan os ferros oxidados. No xardín había unha gran gaiola de madeira para os paxaros e medraban buxos, mandarinas, milgrandeiras e camelias.

Segundo conta un veciño de Tarrío, parece…


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura civil

O rego de Manselle, que pasa por Rial, está cheo de vellos muíños: o do Can, o de Rial, o do Batán, o de Chacón… Enriba da fonte da aldea érguese a cruz dun cruceiro que leva inscrita a data de 1603, o máis antigo do concello. Quizais son restos do antigo Cruceiro de Basoco, derrubado por un ciclón a principios do século pasado.


Dodro - San Xián de Laíño | Elementos relixiosos

Casas de indianos no lugar de Manselle que deu forma á novela "Pensa Nao" de Anxo Angueira. Manselle era denomonida "A Aldea rusa" nos tempos do alzamento franquista, polas cooperativas leiteiras que funcionaban na mesma, e polas ideas republicanas do seus habitantes.

O texto que segue a continuación foi extraído do libro “Pensa Nao”


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura civil

Telleira hoxe desaparecida que se localizaba no lugar do Telleiro, fronte ao Pazo da Cova.

Nesta telleira traballou hai moitos anos un home con acento portugués chamado “Moquillo” que amasaba o barro con dúas mulas. Deixou de funcionar "hai moitísimos anos". Os…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura industrial

A barreira da Mina Cristina atopábase no Concello de Pontecesures, tras o Centro de Saúde de Valga. Inventariada co número 1499 do catálogo mineiro e pertencente, igual que a Mina Mercedes, ao Grupo Mineiro “Minas cerámicas de Campaña”. Estaba situada no Monte de Utilidade pública nº129 do Catálogo de utilidade pública do Concello de…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura industrial

Telleira hoxe desaparecida que se localizaba no lugar das Telleiras, fronte ao Cruceiro da Gabeira Pequena, nos terreos que hoxe ocupan as naves de Productos Ulla.


Catoira - San Miguel de Catoira | Arquitectura industrial

Telleira hoxe desaparecida que se localizaba no lugar das Telleiras, fronte ao Cruceiro da Gabeira Pequena, nos terreos que hoxe ocupan as naves de Productos Ulla.


Catoira - San Miguel de Catoira | Arquitectura industrial

Na contorna do espazo que hoxe ocupa a Lagoa de Pedras Miúdas, existían numerosos lugares de extracción de barro, próximos ao lugar das Telleiras, onde se localizaban a Telleira de María Antonia e a…


Catoira - San Miguel de Catoira | Arquitectura industrial

Mina de barro, que se localizaba na cotorna de onde na actualidade se empraza o pavillón de deportes, da que se descoñece para que era utilizada.


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura industrial

Na Telleira de Quintáns extraíase barro do monte veciño, do outro lado da estrada, onde había “dúas ou tres covas de onde apañaban o barro”. Este barro era rico en xisto, polo que o mesturaban co procedente de Dena.


Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura industrial

Durante o curso de rehabilitación que se desenrolou en Rianxo no ano 2017, un grupo de traballo localizou, no lugar de Quintáns, a casa do Arcebispo Álvaro Núñez de Isorna. Este grupo estaba composto por Alba Castrillón, arquitecta técnica pola Universidade da Coruña; Julián Moares, estudante de Enxeñería Naval na Escola Politécnica de Ferrol; Ana María García, alumna de…


Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura civil

Vivenda con certo aire modernista no lugar da Escravitude, que durante anos albergou o Bar Anaga.


Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura civil

Na baixada do Monte Agudo desde A Porteliña, esta antiga telleira emprázase na Punta Palleiro, preto das Trece Cruces.


Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura industrial

Desta casa saíron ilustres militares, catedráticos, médicos... Tiñan a casa patrucial na rúa da Conga en Compostela, de modo que aquí só pasaban parte do ano. Enfronte está a casa que era a Taberna da Richalda, onde paraban as carrilanas que baixaban desde O Barbanza e amarraban os cabalos.


Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura civil

Situado na entrada sur da aldea, a escasos metros da fonte e lavadoiro de Sar, nun xardín moi ben coidado propiedade da casa nº 2, á que pertence o hórreo.

O hórreo levántase sobre unha camada de cemento. Non ten repisa, en troques, as cepas asentan sobre bases rectangulares máis anchas de perpiaños de…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Situado no alto, nun outeiro, no ángulo NW do núcleo.

A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito, de factura ruda. Non ten soportes, asentando o tornarratos, corrido, directamente sobre a repisa. Ten dous claros, con balaústres de madeira e unha cinta, aínda que conserva a madeira en moi mal estado. Ten, aínda que en moi mal estado,…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Peto de ánimas no lugar de Pedroso do Norte, do que abrolla auga a través dun cano de pedra que vai dar a un lavadoiro.

Segundo contan os veciños, o peto é un engadido relativamente recente (século XX). As imaxes (Virxe das Angustias, San Francisco...) estaban nunha…


Padrón - Santa María de Cruces | Elementos relixiosos

Vivenda con dous gravados na pedra: un tríscele sobre o pé dereito dunha porta e unha cabeza cortada.


Rianxo - Santa María de Leiro | Arquitectura civil

Cruceiro que parece ser do tipo de capela ou loreto. Está construído sobre unha plataforma de dous chanzos sobre o que se coloca unha columna que remata de forma cadrada e ten as arestas chafranadas no resto da súa superficie. No fronte ten unha o que semella ser un peto de ánimas para algúns, e para outros simplemente un lugar onde depositar as esmolas da xente.


Rianxo - Santa Baia do Araño | Elementos relixiosos

Cruceiro construído en granito por plataforma de tres chanzos sobre os que se asenta o pedestal de forma cuadrangular, coas esquinas superiores cortadas en bisel e rematando de forma circular moldurada. O fuste é de sección cuadrangular, comezando de forma cadrada. Está desaparecido o capitel e a cruz.


Rianxo - Santa María de Asados | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de fuste ou varal colocado sobre unha plataforma elevada na que se coloca un pedestal cadrado coas arestas superiores redondeados. O fuste comeza de forma cadrada e parece ter algunhas inscricións ou debuxos. Logo vólvese octogonal. O capitel está precedido dunha pequena moldura e ten forma cadrada, con tres molduras e sen máis decoración. A cruz é de sección cadrada e comeza con bordos chafranados até aproximadamente un terzo da altura…


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Elementos relixiosos

Macías O Namorado foi un trobador e poeta medieval, nado Padrón en 1340, de familia nobre e educado nas letras e nas ciencias. O seu lugar de nacemento é Sande (Carcacía), segundo o franciscano Juan Rodríguez del Padrón (Padrón, 1390-1450), tamén padronés e trobador, que ao relatar a historia de Ardalier y Liesa na súa primeira obra El Siervo…


Padrón - San Pedro de Carcacía | Arquitectura civil