Casa de Eusebio Lorenzo Baleirón

Casa de Eusebio Lorenzo Baleirón - Dodro - San Xián de Laíño

Imaxe: Concello de Dodro

Aquí naceu Eusebio Lorenzo Baleirón o 25 de xaneiro de 1962. Morreu nesta casa o 14 de decembro de 1986. A Asociación de Escritores en Lingua Galega colocou unha placa na fachada como homenaxe ao poeta. A aldea aparece nos seus versos: “Mal coñecín a sombra dos meus pasos,/ lugares nun relanzo onde medrar a hedra/ abeirado da chuva do tarrío con néboa”. Velaquí os lugares familiares nos que se criou Eusebio, a Eira e a Eira do Hórreo, o lavadoiro, o medeiro de Gradín, a Fonte e a outra Fonte de Vera, os camiños e as corredoiras da aldea.

Eusebio Lorenzo Baleirón deixou publicados os poemarios “Os días olvidados” e “O corpo e as sombras”, e o “Libro das viaxes e dos soños”. Postumamente viu a luz “A morte presentida”, o derradeiro conxunto de poemas. No ano 2016 foi proposto para Día das Letras Galegas.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-AC022
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Arquitectura civil
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xián de Laíño
  • Lugar: Tarrío
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Non

  • Referencias:

    Os días olvidados | Ruta Eusebio Lorenzo Baleirón

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Pazo do Marqués de Bendaña

Pazo de Tarrío

Escola de Imo

Muíño de vento de Chenlo