Busca
Fonte no lugar da Codeseira cuxas augas eran potables até que o Concello de Catoira canalizou as augas sucias por enriba e contaminou as augas.
Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura da auga
Mina de auga construída en cachotaría de granito. Abastecía de auga á Casa dos de Morales. Ao carón desta mina hai un regato que baixa do monte, cuxa auga era usada “para que a herba estivera sempre perfecta e fresca”.
Unha mina de auga non deixa de ser nunha escavación na rocha na que aflora a auga…
Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura da auga
Lavadoiro de planta cuadrangular construído ao redor de 1977, de cemento e cunhas dimensións de 3,40 metros de longo e 40 centímetros de fondo. Antes da súa construción existía un remanso de auga onde se lavaba a roupa, auga que chegaba até aquí mediante unha canle desde A Codeseira.
Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura da auga
Na ribeira do rego de San Cibrán, trátase dun muíño de planta rectangular construído en cachotaría granítica asentada en seco. Presenta tellado a unha auga.
Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura da auga
Fonte localizada na rúa da Estación, datada nos anos 1962-1963 e construída con ladrillos e material cerámico.
Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura da auga
Fonte localizada na rúa da Estación, no muro de peche da Capela de San Xosé Obreiro. Esta fonte “substituíu” á desaparecida fonte e lavadoiro da Estación,…
Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura da auga
Fonte e lavadoiro na Estación, actualmente desaparecida. Até finais dos anos 80 estaba na curva da Estación, onde a chamada Casa de Abel e preto do antigo comercio de Elisa Guillán. Emprazábase ao lado dun camiño estreito coñecido como o “camiño de vacas”, polo que só pasaba un carro de gando, do cal quedaba moi estreito para os novos vehículos máis anchos, polo que fixeron uns arranxos para amplialo, quitando o teito e a mesa e deixando…
Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura da auga
Fonte localizada na Avenida da Ponte, no cruzamento onde está o Bar Canguro. As testemuñas din que quixeron facer a estrada por enriba dela, mais finalmente isto non sucedeu. A fonte é dun só cano e ten dous buratos onde posiblemente habería unha placa ou inscrición.
Catoira - San Miguel de Catoira | Arquitectura da auga
A Fonte dos Telleiros ou Fonte da Pasaxe é un manancial onde nace a auga que se utilizaba na Telleira das Rañas, cando esta aínda estaba en funcionamento.
Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura da auga
As augas de Catoira nacen nun terreo granítico, afectado pola falla de dirección NE-SO que dá orixe á ría de Arousa e ao río Ulla. Tivo tres mananciais, estando soterrado o que se atopaba ao carón da Igrexa de San Miguel de Catoira. Hoxe en día consérvanse dous: este pequeno manancial preto das…
Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura da auga
Conxunto de dous muíños e unha pontella na ribeira do río Batán, derrubados pola construción da vía do tren de alta velocidade.
Catoira - San Mamede de Abalo | Arquitectura da auga
Pequeno templo neobarroco realizado a mediados do século pasado que presenta nave única e planta rectangular. Realizado en cantaría de granito, o máis destacable deste edificio é a espadana dun único oco que coroa a fachada principal. Nos laterais do frontís sitúa dúas cruces de Santiago labradas en altorrelevo sobre xanelas, e no centro un frontón partido con imaxinería precedendo en altura a un óculo.
No adro contiguo á igrexa existe un…
Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura relixiosa
A capela, localizada nos terreos da Casa da Barreira, comunica directamente co rueiro, foi erguida utilizando un paramento de mellor calidade (cantaría de granito).
Catoira - San Mamede de Abalo | Arquitectura relixiosa
A Capela de Santiago, que aparece acaroada a unha dúas dos Torres de Oeste en mellor estado de conservación, foi levantada no ano 1122. Está constituída por unha sinxela nave cadrada e unha ábsida semicircular tapada por un muro da torre. A súa fábrica permite observar algunhas das características da arte prerrománica, caso das xanelas en forma de saeteira rematadas en pequenos arcos de…
Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura relixiosa
Aínda que as orixes máis antigas do templo son medievais, os vestixios artísticos máis temperáns remóntanse a comezos do século XVI. Edificio de planta rectangular, unha nave e capela cadrada. Presenta bóveda de medio canón até a liña de imposta, arco triunfal de medio punto sobre ménsulas con decoración de placas recortadas, nave máis alta e de igual altura que a capela, en catro formas e tramos con bóveda de medio canón, arcos faixóns sobre pilastras caixeadas en dous…
Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura relixiosa
A comezos do século XVII, a visita do Cardeal Jerónimo del Hoyo deixaba constancia da modestia deste templo e da existencia de dúas igrexas veciñas. Templo con planta de cruz latina, capela bóveda de canón e liña de imposta, arco triunfal de medio punto sobre pilastras caixeadas, cruceiro con bóveda de luneto e transeto con bóveda de aresta, arcos que descansan en pilastras caixeadas, nave de dous treitos con bóveda de canon e arcos faixóns sobre ménsulas con liña de…
Catoira - San Mamede de Abalo | Arquitectura relixiosa
Igrexa de estilo neoclásico, de planta basilical, capela con bóveda de aresta sobre arcos apoiados en pilastras con decoración de placas. A igrexa medieval orixinaria respondía á tipoloxía galaica do denominado gótico mariñeiro da primeira etapa (1250-1350). Á dereita capela con bóveda, dividida en dous tramos por arcos de imposta. Nave de tres tramos con arcos faixóns sobre pilastras de capitel decorado con placas. Engadido do mesmo largo da nave alintelada. Sancristía…
Catoira - San Miguel de Catoira | Arquitectura relixiosa
A súa construción remóntase ao século XVI, aínda que nada se conserva dese período. Templo con planta de cruz latina. Cuberta con bóveda de canón. Capela con sarcófago do século XVI. Na súa fachada, executada a finais do século XIX, destaca unha porta estilo neogótico con arco oxival igual que os das fiestras superiores e no medio un fermoso campanario octogonal de fasquía ascensional, cuberto con cupuliña. Sobre a entrada principal atópase unha orixinal fornela en forma…
Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura relixiosa
Situada no lugar de Tras da Veiga, nunha finca privada. Trátase dunha capela de planta rectangular con presbiterio máis elevado que a nave e cuberta a catro augas. O seu paramento aparece conformado en cantaría de granito rematado nunha cornixa perimetral moldurada, situando unha bufarda sobre o lintel da porta de acceso principal. Coroa a fachada unha espadana dun único oco que carece de sino.
No seu interior albergaba unha…
Catoira - San Miguel de Catoira | Arquitectura relixiosa
A Ermida de San Cibrán posúe unha nave duns 20 por 8 metros. O presbiterio non se diferencia en planta, e a el se acaroan outras dúas dependencias a ambos lados, así como outra estancia máis, mais á nave. Lonxitudinalmente, os pés da nave están orientados cara o sueste. Dispón dunha porta principal rectangular, e sobre esta consta un sinxelo óculo, así como diversas xanelas nos laterais da parcela. Na dependencia acaroada do noroeste hai tamén outra pequena porta de…
Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura relixiosa
Muíño que pertence á modalidade de rego ou canle e presenta medianas dimensións. Dunha única moa e en bo estado de conservación, é propiedade dun grupo de veciños do lugar do Campo.
Catoira - San Mamede de Abalo | Arquitectura da auga
A Fonte do Pazo é unha fonte dun único cano que se insire nun artístico esteo de cantaría situado á beira do rego do Souto da Vila. Inmediato á fonte, un lavadoiro cun vaso labrado en granítico. Este, de planta cadrada, aparece cuberto e permite fregar roupa en tres dos seus lados por medio de pedras inclinadas situadas a 0,50 metros de altura. O conxunto aparece protexido por unha cuberta de obra que non se adapta ás condicións ambientais da contorna.
Catoira - San Mamede de Abalo | Arquitectura da auga
A Fonte da Veiga é unha fonte dun único cano que se insire nun artístico esteo de cantaría situado á beira do lugar de Gondar. Inmediato á fonte, un lavadoiro cun vaso labrado en granítico. Este, de planta cadrada, aparece cuberto e permite fregar roupa en tres dos seus lados por medio de pedras inclinadas situadas a 0,50 metros de altura. O conxunto aparece protexido por unha cuberta a catro augas gorecida por tella curva do país.