Busca

Amosando 361 - 384 de 3972 resultados da busca.

A Finca da Capela, localízase nun par de chousas (atópanse pechadas perimetralmente por un muro de cachotaría) destinadas a viña organizadas en socalcos, e situadas dentro do núcleo tradicional de San Salvador. Este xacemento estaría integrado nun espazo sagrado no que tamén habería un edificio relixioso (de aí o topónimo), que podería terse erguido no lugar que hoxe ocupa a…


Catoira - San Pedro de Dimo | Arqueoloxía

Os gravados localízanse sobre un pequeno outeiro, ocupando dúas posicións diferentes: tres pequenas cazoletas (rocha 2) sobre unha pequena superficie horizontal situada aproximadamente 1 metro. Por debaixo da parte máis alta do afloramento; e unha combinación circular duns 18 centímetros (rocha 1), formada por dous círculos concéntricos con cazoleta central e apéndice radial, a unha cota inferior, na ladeira…


Catoira - San Mamede de Abalo | Arqueoloxía

Os gravados localízanse sobre a superficie lixeiramente inclinada do afloramento, e consisten na súa totalidade en motivos de temática xeométrica, apreciándose unha combinación circular, formada por catro círculos concéntricos, o máis interior rebaixado. Do interior da combinación parte un apéndice radial que conforma un espazo alongado no exterior da combinación; no interior deste espazo hai doce cazoletas e dous…


Catoira - San Mamede de Abalo | Arqueoloxía

Túmulo megalítico de aproximadamente 20 metros de diámetro e 1,5 de alto. Presenta un furado de violación central duns 4 metros de diámetro e 60 centímetros de fondo. Localízase uns 80 metros ao leste e a uns 30 ao norte da pista forestal.


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arqueoloxía

Os gravados localízanse sobre tres rochas pertencentes a un gran afloramento granítico, moi fragmentado, situado nun pequeno rechán da ladeira.

Todos os gravados localizados son de carácter xeométrico:


Catoira - San Mamede de Abalo | Arqueoloxía

Trátase dun túmulo megalítico de aproximadamente 15 metros de diámetro e 1 de alto. Presenta un furado de violación central duns 3 metros de diámetro e 40 centímetros de fondo. Asemade, o volume da masa tumular parece estar lixeiramente rebaixado como consecuencia da actividade forestal desenvolvida nesta zona de monte.


Catoira - San Pedro de Dimo | Arqueoloxía

Os gravados localízanse sobre dúas superficies lixeiramente inclinadas que forman parte dun mesmo afloramento, aínda que presentan entre eles unha diferenza de cota de case dous 2 metros de altura.

- Rocha 1: dous pequenos cuadrúpedes incompletos dispostos un a continuación do outro.


Catoira - San Mamede de Abalo | Arqueoloxía

Estamos diante dun túmulo megalítico de aproximadamente 15 metros de diámetro e 70 centímetros de alto. Presenta un furado de violación central duns 3 metros de diámetro e 40 centímetros de fondo. Asemade, o volume da masa tumular parece estar bastante rebaixado como consecuencia da actividade forestal desenvolvida nesta zona de monte.


Catoira - San Pedro de Dimo | Arqueoloxía

Xacemento situado na parroquia de Santa María de Bemil (Caldas de Reis), cuxa contorna de protección afecta ao Concello de Catoira. Trátase dun túmulo megalítico duns 20 metros de diámetro e 1,5 de altura. Presenta un furado de violación central duns 4 metros de diámetro e 1 de fondo. Sobre a superficie do túmulo aprécianse restos dunha coiraza de recubrimento formada por pedras de granito de mediano tamaño. A uns…


Catoira - San Pedro de Dimo | Arqueoloxía

O petróglifo está situado nunha pedra de forma elíptica dunhas dimensións de 4,5 metros de longo no seu eixo maior e tres metros no menor. A súa decoración é moi complexa xa que moitos dos motivos decorativos que a compoñen forman composicións até o de agora inéditas. Os motivos decorativos son círculos e coviñas, tamén hai liñas sinxelas e cruces. As composicións destes motivos son orixinais; dunha banda…


Catoira - San Mamede de Abalo | Arqueoloxía

Tamén coñecido como Petróglifo das Lombas ou A Pedra dos Nenos, trátase dun dos gravados identificados polo arqueólogo Antonio de la Peña Santos a comezos dos anos 70. Foron declarados Monumento Histórico-Artístico de carácter estatal dentro dunha listaxe de 195 conxuntos de gravados rupestres da provincia de Pontevedra e publicada no Boletín…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arqueoloxía

Actualmente consérvase unha cheminea industrial de ladrillo visto, a cal pertencía a un antigo serradoiro. Serrerías Industriales de Catoira emprazábase na parroquia de Oeste, mentres que do outro lado do río Ulla, na parroquia de Isorna (Rianxo), estaba o…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura industrial

Fonte no Monte da Cabana.


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura da auga

Anteriormente neste lugar emprazábase a Telleira de María Antonia e a Telleira de Rodríguez


Catoira - San Miguel de Catoira | Arquitectura industrial

Hórreo tipo Noia de dous claros, construído integramente en pedra de grao, de cámara rectangular sobre cepas de cantaría e pechado con doelas pétreas e cuberta de pedra. Voo na parte inferior da grade como tornarratos. Porta en alzado penal. Decoración con cruz latina sen figuración e pináculo con dobre bola. Situado sobre soleira de nivelación, composta por un muro de cachotaría.


Catoira - San Miguel de Catoira | Hórreos

Telleira hoxe desaparecida que se localizaba no lugar das Telleiras, fronte ao Cruceiro da Gabeira Pequena, nos terreos que hoxe ocupan as naves de Productos Ulla.


Catoira - San Miguel de Catoira | Arquitectura industrial

Telleira hoxe desaparecida que se localizaba no lugar das Telleiras, fronte ao Cruceiro da Gabeira Pequena, nos terreos que hoxe ocupan as naves de Productos Ulla.


Catoira - San Miguel de Catoira | Arquitectura industrial

Na contorna do espazo que hoxe ocupa a Lagoa de Pedras Miúdas, existían numerosos lugares de extracción de barro, próximos ao lugar das Telleiras, onde se localizaban a Telleira de María Antonia e a…


Catoira - San Miguel de Catoira | Arquitectura industrial

Mina de barro, que se localizaba na cotorna de onde na actualidade se empraza o pavillón de deportes, da que se descoñece para que era utilizada.


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura industrial

Pombal de planta circular que forma parte do conxunto de edificacións que conforman Cedonosa.


Catoira - San Miguel de Catoira | Obra civil

Á dereita da entrada da Igrexa de San Mamede de Abalo localízanse dous reloxos de sol, sendo o da esquerda máis antigo que o da dereita


Catoira - San Mamede de Abalo | Obra civil

No lado leste da Igrexa de San Pedro de Dimo localízase este reloxo de sol. A súa data de construción descoñécese, xa que as letras do cuadrante son ilexibles, mais podería datar do  século XVI, xa que os muros e os contrafortes que conserva a igrexa pertencen a esta data. O reloxo é de granito, plano e pertence á categoría…


Catoira - San Pedro de Dimo | Obra civil

Hórreo localizado na finca da Casa dos de Morales. Ten dou claros, de cámara rectangular de estrutura pétrea, pinches de madeira e pechada con táboas, sobre cepas de cantaría con tornarratos rectangulares. Portas en alzado lonxitudinal e penal. Cubrición con placas de fibrocemento. Sen decoración. Conxunto elevado sobre base de mampostería…


Catoira - San Pedro de Dimo | Hórreos

Lavadoiro de planta cuadrangular construído ao redor de 1977, de cemento e cunhas dimensións de 3,40 metros de longo e 40 centímetros de fondo. Antes da súa construción existía un remanso de auga onde se lavaba a roupa, auga que chegaba até aquí mediante unha canle desde A Codeseira.


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura da auga