Busca

Amosando 193 - 216 de 755 resultados da busca.

No lugar do Salgueiral atopábase a Torre de Meadelo, da que na actualidade só se pode ver no terreo unhas fiadas de perpiaño moi enterradas e que posiblemente formarían parte dos alicerces dos seus muros. Esta torre formaría parte das fortificacións das que hoxe se ten constancia que estarían por esta zona da costa para defendela de invasores, entre os que estarían sobre todo os normandos. Estas fortificacións serían a Torre da Lanzada, en Sanxenxo, a…


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arqueoloxía

A Pedra do Encanto ou Gran Laxe de Meadelo é o nome dunha rocha enchida de petróglifos localizada no Salgueiral. Recollida na historiografía erudita desde principios de século, por autores como Hugo Obermaier ou Fermín Bouza Brey, nunca foi totalmente esquecida. A cantidade de lendas fixadas na memoria oral alusivas a esta pedra, falan da importancia desta pedra, paisaxe mítica do lugar:

Do Monte Lobeira á Pedra do Encanto…


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arqueoloxía

No Monte Xiabre, a uns 408 metros sobre o nivel do mar, existe un miradoiro que se caracteriza por estar localizado nunha zona rochosa, na cal se ergue unha cruz de pequenas proporcións de ferro. En setembro do presente ano 2022 o Concello de Vilagarcía acondicionou este espazo agregándolle unha pasarela de metal e…


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Panorámicas

Os Ballotes son uns dos máis coñecidos e estudados petróglifos de Galicia desde comezos do século XX. Ademais, dado o seu pronto descubrimento e o seu interese, é unha das estacións de arte rupestre máis citadas pola bibliografía. Foi repetidamente citado nas sínteses de numerosos autores, e visitado a principios e mediados de século por numerosos investigadores ilustres.

O conxunto de petróglifos dos Ballotes está situado na…


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arqueoloxía

Conxunto de tres muíños na ribeira do río Louro. Dous eran propiedade dos de Seárez e o outro dos veciños de Barcia.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

O Monte Beiro, a 145 metros de altura sobre o nivel do mar, conta con vistas panorámicas sobre Valga e concellos lindeiros. A súa orientación noroeste posibilita a seguinte panorámica: parte do val do río Ulla, Monte de Valga, Castro Valente, Serra do Barbanza, Montes de Oleirón,…


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Panorámicas

A Chan do Cesteiro, que se atopa a uns 250 metros de altura sobre o nivel do mar, ten unha orientación noroeste que lle permite dispor dunha panorámica completa dos vales dos ríos Valga e Louro, alcanzando incluso a visión do río Ulla.


Valga - San Salvador de Setecoros | Panorámicas

O Monte dos Salgueiros atópase a uns 221 metros de altura sobre o nivel do mar. Sobre a caseta forestal aquí emprazada, permítenos dispor dunha panorámica completa dos vales dos ríos Valga, Louro, e Ulla, alcanzando unha visión ampla da ría de Arousa.


Valga - San Miguel de Valga | Panorámicas

O Monte Fontebecha, a 369 metros de altura sobre o nivel do mar, conta con vistas panorámicas sobre Valga e concellos lindeiros. A súa orientación posibilita a visión de parte do val do río Ulla, Monte de Valga, Castro Valente, Serra do Barbanza, Montes de Oleirón, Monte Meda, Monte Xesteiras e os vales dos ríos Louro e Valga.

Este miradoiro está incluído no Catálogo das Paisaxes de Galicia.


Valga - San Salvador de Setecoros | Panorámicas

A visión dende a Chan do Monte de Valga posibilita unhas vistas panorámicas dos vales dos ríos Valga, Louro, e Ulla, así coma dos montes da contorna.


Valga - San Miguel de Valga | Panorámicas

Punto dende o que poder observar o Sistema fluvial Ulla-Deza, incluído na Rede Natura 2000. Destaca a presenza das brañas, tanto na beira de Valga como na de Dodro.


Valga - Santa Cristina de Campaña | Panorámicas

Punto desde o que poder observar o Sistema fluvial Ulla-Deza, incluído na Rede Natura 2000. Destaca a presenza das brañas, tanto na beira de Valga como na de Dodro. O topónimo A Telleira fai referencia á Telleira de Vilarello, hoxe desaparecida, que se emprazaba neste lugar.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Panorámicas

Un afloramento rochoso no Monte dos Penoucos, que se atopa a uns 250 metros de altura sobre o nivel do mar, permite unha panorámica completa dos vales dos ríos Valga, Louro e Ulla.


Valga - San Miguel de Valga | Panorámicas

Hórreo de anchura con paneis en pedra de cantería. Destaca no pincho os accesos do pombal que se intúe debaixo da cuberta do hórreo. O cerramento da cámara é de madeira cun parteluces en fábrica de pedra o medio da cámara. A soleira é de pedra con tornarratos continuos no perímetro, rematados con sopena. O hórreo atópase asentado sobre muro de cantería pechado, aproveitándose para o seu uso a parte inferior, con entradas para as pombas. A cuberta é de dúas augas con tella…


Valga - San Salvador de Setecoros | Hórreos

Hórreo de cámara con penais en pedra de cantería. O cerramento da cámara é de madeira con parteluces en fábrica de pedra. O acceso ao hórreo realízase polo lateral da cámara. A soleira é de pedra con tornarratos continuos no perímetro, rematados con sopena enriba de cepas en pedra de cantería. A cuberta é de dúas augas con tella curva, ben protexida polas sobrepenas dos penais quen rematan con motivos relixiosos.


Valga - San Salvador de Setecoros | Hórreos

Hórreo de cámara cos penais en pedra de cantería, sen elementos de ventilación, o que lle confire un aspecto robusto. Ten soleira con tornarratos con sopena e as cepas tamén en pedra de cantería. A cámara está recuberta de madeira con parteluces de pedra en tres treitos. A cuberta é de tella plana, ben rematada polas sobrepenas dos penais e con motivos relixiosos.


Valga - San Miguel de Valga | Hórreos

Hórreo de anchura executado en fábrica de ladrillo con esquinais e traveseiros en pezas de cantería. Asentado sobre soleira a modo de muro de pedra con tornarratos continuos no perímetro, rematados con sopena. O acceso faise dende o penal. A cuberta é de dúas augas con tella plana, ben protexida polas sobrepenas dos penais que o rematan.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Hórreos

Hórreo de anchura con penais de cantería. O cerramento da cámara é de madeira con parteluces en fábrica de pedra, asentado sobre soleira tamén en pedra con tornarratos continuo no perímetro, rematados con sopena. O hórreo encóntrase asentado sobre muro de cantería. A cuberta é de dúas augas con placas de fibrocemento, protexidas polas sobrepenas dos penais.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Hórreos

Hórreo de cámara en fábrica de pedra.


Valga - San Miguel de Valga | Hórreos

Hórreo de cámara cos penais en pedra de cantería e elementos típicos de ventilación. O cerramento da cámara é de madeira con parteluces pétreos. A soleira tamén de pedra conta con tornarratos ao redor de todo o perímetro do hórreo e penal rematado con sopena. A cuberta é a dúas augas con tella curva.


Valga - Santa María de Xanza | Hórreos

Hórreo de cámara cos penais en pedra de cantería e elementos típicos de ventilación. O cerramento da cámara é de madeira con parteluces pétreos. A soleira tamén é de pedra sobre columnas ou pés con tornarratos circulares e penal rematado con sopena. A cuberta é a dúas augas con tella curva.


Valga - Santa María de Xanza | Hórreos

Hórreo de cámara pechado con táboa de madeira vertical e parteluces na cámara. Apoiado sobre cepas baixo mesas e penal rematado con sopena. Non presenta soleira. O acceso ao hórreo faise dende o penal, que está formado por pezas de cantería. A cuberta é de dúas augas con tella curva, ben protexida polas sobrepenas dos penais que rematan con motivos relixiosos.


Valga - Santa Cristina de Campaña | Hórreos

Hórreo de cámara con penais en pedra de cantería. O cerramento da cámara é de madeira con parteluces en fábrica de pedra o medio da cámara. A soleira é de pedra con tornarratos continuos no perímetro, rematados con sopena enriba de cepas en pedra de cantería. A cuberta é de dúas augas con tella curva, ben protexida polas sobrepenas dos penais que rematan con motivos relixiosos.


Valga - San Salvador de Setecoros | Hórreos

Hórreo de anchura con paneis en pedra de cantería e con fiestra central en penal posterior para facilitar a ventilación. O cerramento da cámara é de formigón con parteluces. A soleira é de pedra con tornarratos continuos no perímetro, rematados con sopena enriba de muros en pedra de cantería, aproveitándose a parte inferior do hórreo para o seu uso. A cuberta é de dúas augas con tella plana, ben protexida polas sobrepenas dos penais con remates relixiosos. Un uso…


Valga - San Salvador de Setecoros | Hórreos