Busca

Amosando 1 - 24 de 319 resultados da busca.

Porto no lugar de Abuín onde paran os barcos para cargar e descargar ou para abrigarse.


Rianxo - Santa María de Leiro | Obra civil

Porto no lugar de Sobrido, na Enseada do Pico. Aínda que empregado como porto para pequenas embarcacións, a tipoloxía dos muros poderían indicar que no pasado tivo un uso de viveiro, salina ou alfolín.


Rianxo - Santa María de Leiro | Obra civil

Na contorna frondosa da Punta do Agriño, ao abrigo dos ventos na entrada da Enseada de Rial, localízase o embarcadoiro de Rañó. Este pequeno complexo atópase composto por unha rampla de gran envergadura, construída en pedra de granito e…


Rianxo - Santa María de Leiro | Obra civil

Porto no lugar de Rial onde paran os barcos para cargar e descargar ou para abrigarse. Chégase cruzando a Ponte de Rial, ao carón do Muíño de Lodeiros, xa na desembocadura do río do Mar ou rego de Rial no Ulla.


Rianxo - Santa María de Leiro | Obra civil

Muíño de vento no Monte Beiro.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Obra civil

Palco octogonal construído en pedra.


Rianxo - Santa María de Isorna | Obra civil

Aínda quedan o restos da edificación (garita) vinculada ao desaparecido paso a nivel de Vilar que servía para cruzar a vía de ferrocarril que comunicaba Carril (Vilagarcía de Arousa) e Cornes (Santiago).

A primeira liña de tren do estado inaugurouse no ano 1848, cubrindo a distancia entre Barcelona e Mataró. Unha década despois, a fidalguía e a burguesía influínte galega comezaron a barallar a necesidade dunha vía férrea en Galicia, considerándose varias…


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Obra civil

Virxe co neno en pedra no Souto, antigo torreiro onde se celebraban as festas.


Valga - San Salvador de Setecoros | Elementos relixiosos

Pombal de planta circular duns 6 metros de diámetro. Muros de cachotería enfuscados e pintados.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Obra civil

Pombal de planta circular duns 6 metros de diámetro, no lugar da Barcia.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Obra civil

Cruceiro no lugar das Eiras, que segundo o propietario a cruz ten uns douscentos anos. Localizado dentro dunha propiedade privada, está no percorrido que fai a procesión dos lacóns o Día da Candeloria.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos

Cruceiro que parece ser do tipo de capela ou loreto. Está construído sobre unha plataforma de dous chanzos sobre o que se coloca unha columna que remata de forma cadrada e ten as arestas chafranadas no resto da súa superficie. No fronte ten unha o que semella ser un peto de ánimas para algúns, e para outros simplemente un lugar onde depositar as esmolas da xente.


Rianxo - Santa Baia do Araño | Elementos relixiosos

Cruceiro construído en granito por plataforma de tres chanzos sobre os que se asenta o pedestal de forma cuadrangular, coas esquinas superiores cortadas en bisel e rematando de forma circular moldurada. O fuste é de sección cuadrangular, comezando de forma cadrada. Está desaparecido o capitel e a cruz.


Rianxo - Santa María de Asados | Elementos relixiosos

Localizado no alto do muro de cachotaría de peche da Casa Nº 1 de Sestelo.


Rianxo - Santa María de Isorna | Obra civil

O rego Salgueirón, duns 2.200 metros de lonxitude, nace na Fonte Salgueirón e desemboca no río Ulla, xa no Porto de Cesures. Ao longo do seu percorrido ten asociados elementos que aproveitan as súas augas: o…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Obra civil

Tamén coñecida como a Pontella do Rechán de Guixar, foi construída para salvar o rego do Treito no camiño que percorrían os defuntos para ser enterrados na parroquia de Santa Baia do Araño antes de que a aldea de Bustelo pertencera á parroquia de San Xoán de Laíño.

Antes de construír a…


Rianxo - Santa Baia do Araño | Obra civil

Os textos que seguen a continuación foron quitados dos perfís de Facebook de Rabunho rexeita e Xosé Comoxo Rodríguez.

Capela de reducidas dimensións da que só se conservan en pé as paredes do…


Rianxo - Santa Baia do Araño | Arquitectura relixiosa

Cruceiro do tipo de cruz, recolocado unha encrucillada de camiños entre os lugares de Suigrexa e Somoza.


Rianxo - Santa María de Asados | Elementos relixiosos

Cruz sobre conxunto edificatorio de acceso a vivenda en Porto de Arriba. A razón de colocar unha cruz sobre as portas era a de evitar "a entrada do demo na casa".


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Elementos relixiosos

Cruceiro localizado na finca pertencente á Casa do Sisto.


Valga - Santa María de Xanza | Elementos relixiosos

Vía crucis formado por 11 cruces que rodean ao adro da Igrexa de Santa María de Xanza.


Valga - Santa María de Xanza | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo nunha encrucillada de camiños en Pousada. Sufriu as inclemencias meteorolóxicas e foi restaurado posteriormente polo Concello de Rianxo.


Rianxo - Santa Baia do Araño | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito situado no cruce do Bosque, ao leste da rúa de Pazo, da tipoloxía de cruz.

Plataforma de tres chanzos, con moldura perimetral no chanzo superior sobre o que apoia unha base cadrada con remates nos vértices e decoración xeométrica nas caras. Fuste octogonal con sección cadrada no contacto coa base e capitel decorado con motivos vexetais que sostén…


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Elementos relixiosos

Cruz de granito sobre o muro de peche dunha vivenda situada á beira da estrada principal, nun dos cruces de acceso ao Pazo.

Cruz latina sen imaxes co brazo inferior máis longo apoiado sobre unha base cadrada. Sección cadrada coas arestas chafranadas e decoración nos tres vértices superiores e nos extremos do brazo lonxitudinal.


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Elementos relixiosos