Busca

Amosando 409 - 432 de 450 resultados da busca.

Con case 13 metros de longo, é o lavadoiro máis longo de Valga. Está integramente construído en formigón e a cuberta de fibrocemento. Emprazado na ribeira do río Valga, xunto ao Muíño da Torre.

Valga - Santa Cristina de Campaña | Arquitectura da auga

Situado na ribeira do río Valga, xunto ao Lavadoiro da Torre. Trátase dun muíño de planta rectangular construído en cachotería granítica, coas xuntas unidas con cemento. Presenta tellado a dúas augas, coa cuberta en tella do país.

Valga - Santa Cristina de Campaña | Arquitectura da auga

Tamén se lle coñece coa denominación de Fonte Serantes, a pía está formada por material cerámico revestido con morteiro de cemento, semisoterrada con respecto ao nivel do solo. Piares de suxeición e cuberta en formigón, acabada en tella do país.

Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Un 29 de maio de 1921, nacía neste lugar da aldea de Barcia (Cordeiro), Xosé Manuel Isorna Ferreirós, o padre Isorna, frade franciscano da Orde dos Freires Menores. Desempeñou diversas responsabilidades nos conventos franciscanos de Santiago de Compostela, Pontevedra, Ourense e máis en Madrid.

Cursou estudos de Humanidades no seminario franciscano do…

Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura civil

Fonte acaroada a un muro de pedra no lugar de Magariños.

Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura da auga

Muíño de maquía (un só propietario) situado na ribeira do rego dos Campelos. Ten unha presa e a canle que o fornece de auga posúe unha pontella de paso onde se desviaba a parte da auga de volta ao río. Aínda conserva o rodicio.

Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura da auga

Muíño de herdeiros ou aparceiros (varios propietarios) situado na ribeira do rego dos Campelos.

Muíño de herdeiros ou aparceiros (varios propietarios) no lugar da Devesa.

Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura da auga

Conxunto de tres muíños na ribeira do río Louro. Dous eran propiedade dos de Seárez e o outro dos veciños de Barcia.

Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Parte saínte da costa, que penetra no río Ulla.

Rianxo - Santa María de Leiro | Espazos naturais

Parte saínte da costa, que penetra no río Ulla.

Rianxo - Santa María de Leiro | Espazos naturais

O treito final do río Ulla baña os municipios de Catoira, Valga, Pontecesures, Vilagarcía de Arousa, Padrón, Dodro e Rianxo, formando unha ampla enseada con zonas de marisma e arboredo de ribeira que pouco a pouco se vai abrindo nunha…

Rianxo - Santa María de Leiro | Espazos naturais

Unha das praias máis longas (340 metros) de Rianxo, nunha entorno agradable e moi preto da Praia das Cunchas, de augas tranquilas moi concorrida por familias con nenos. Separando esta praia da das Cunchas, está a Punta do Castro, que alberga un antigo asentamento castrexo.

Encóntrase no…

Rianxo - Santa María de Leiro | Espazos naturais

Extensión de area cunha lonxitude duns 156 metros, á beira do río Ulla, xunto á Punta Penouseira.

Rianxo - Santa María de Leiro | Espazos naturais

Tamén coñecida co nome de Praia do Lodeiro, trátase dunha extensión de area duns 350 metros de lonxitude, á beira do río Ulla, separada da Praia do Porrón pola Punta do Castro.

Rianxo - Santa María de Leiro | Espazos naturais

Extensión de area cunha lonxitude duns 160 metros, á beira do río Ulla.

Rianxo - Santa María de Isorna | Espazos naturais

Parte saínte da costa, que penetra no río Ulla.

Rianxo - Santa María de Leiro | Espazos naturais

No seu treito o río Ulla final baña os municipios de Catoira, Valga, Pontecesures, Vilagarcía de Arousa, Padrón, Dodro e Rianxo, formando unha ampla enseada con zonas de marisma e arboredo de ribeira que pouco a pouco se vai abrindo…

Rianxo - Santa María de Leiro | Espazos naturais

Parte saínte sobre o río Ulla que parece unha illa, aínda que na baixamar vese que está unida á costa.

A orixe do seu topónimo, Salto do Ladrón, vén de cando transportaban en barco aos presos políticos cara ao campo de concentración de Rianxo, situado nas instalacións da antiga…

Rianxo - Santa María de Leiro | Espazos naturais

O río Té nace preto do Monte Muralla, entorno aos 500 metros de altitude, no estremo norte do Concello de Rianxo. Percorre arredor de 12 quilómetros pasando por diversos lugares e parroquias, achegándonos recursos esenciais para a nosa vida. Desemboca no lugar do Pazo, xa na Ría de Arousa.

As árbores, forman un estreito corredor verde que se estende ao longo do leito do río Té. Os bosques de ribeira semellan gardar o río como un tesouro. Este bosque cumpre un…

Rianxo - Santa María de Asados | Espazos naturais

Extensión de area cunha lonxitude duns 20  metros, á beira do río Ulla.

Rianxo - Santa María de Leiro | Espazos naturais

Fervenza que forma un pequeno estanque natural no río Té de gran atractivo natural, fonte de lendas e supersticións. Debido ao seu calado é posible darse un baño. Accédese desde a parroquia de Araño, remontando o río Té desde Buía e pasando pola pequena aldea da Ferrería. Existe unha pista forestal até preto do…

Rianxo - Santa Baia do Araño | Espazos naturais

Extensión de area cunha lonxitude duns 22 metros, á beira do río Ulla.

Rianxo - Santa María de Leiro | Espazos naturais