Busca
Fonte localizada no lugar de Herbón.
Padrón - Santa María de Herbón | Arquitectura da auga
Neste punto, localizado preto da aldea da Barca (Padrón), é onde comeza unha canle de regadío construída a finais dos 60 do século XX, mais que nunca chegou a estar en funcionamento, e que percorre toda a marxe esquerda do río Ulla pasando por Padrón (A Barca, A Rocha e Cortiñas), Pontecesures (A Paxareira e Condide) e Valga (A Tarroeira,…
Padrón - Santa María de Herbón | Arquitectura da auga
Localízase no adro da Igrexa da Nosa Señora da Mercé. Da fonte abrolla a auga dun picho de pedra que cae nunha pía, para posteriormente chegar até o lavadoiro. Este está formado por 3 pedras de lavar elaborados a partir de bloques graníticos.
Padrón - San Pedro de Carcacía | Arquitectura da auga
Fonte-estanque circular que forma parte do conxunto de edificacións da Finca O Carballal.
Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura da auga
Manancial de auga da Finca O Carballal, que nace ao pé da Fonte da Ermida do Santiaguiño do Monte.
Unha mina de auga non deixa de ser nunha escavación na rocha na que aflora a auga para o seu mellor aproveitamento. Supoñen o acondicionamento do…
Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura da auga
Fonte localizada dentro das instalacións dunha gasolineira.
Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura da auga
Localizada na ladeira norte do Monte do Castro Valente. Fonte vinculada coa Virxe da Nosa Señora da Mercé de Bandín e cuxa auga úsase para curar as verrugas.
Padrón - San Pedro de Carcacía | Arquitectura da auga
Fonte co corpo principal metálico de nova factura e pía de pedra. Moi semellante á existente ao carón do Cemiterio de Adina.
Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura da auga
Lavadoiro próximo ao rego Castrelo.
Padrón - Santa María de Herbón | Arquitectura da auga
Na ribeira do rego de Tarrío, trátase dun muíño de planta rectangular construído en cachotaría granítica. Presenta tellado a unha auga.
Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura da auga
Localizado ao carón da Capela de San Bieito de Bascuas.
Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura da auga
No lugar de Pedreda, á beira do Camiño Portugués.
Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arquitectura da auga
Lavadoiro á beira da estrada que vai desde A Escravitude até Queiruga.
Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura da auga
Capela pertencente á parroquia de Santa María de Cruces, na honra de San Bieito. Todos os anos no mes de xullo celébrase unha romaría na pequena carballeira que rodea á capela, sacando ao santo en procesión. Esta talla foi realizada en 1845 polo escultor Juan Martín María Pernas Gambino. Nun do laterais hai unha fonte.
Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura relixiosa
Reloxo de sol múltiple no Santiaguiño do Monte, sobre o muro que delimita a Finca O Carballal.
Padrón - Santiago de Padrón | Obra civil
Miradoiro-balcón metálico sobre muro de pedra, na actual avenida Castelao, orientado ao Paseo do Espolón.
Segundo escribe Eloy Rodríguez Carbia, “o…
Padrón - Santiago de Padrón | Obra civil
Antigos pasais que atravesaban o río Sar Vello, no lugar do Pombal, xa no Campo da Insua. Estes desapareceron coa construción do desvío do río Sar.
Padrón - Santa María de Iria Flavia | Obra civil
O Monte Pedregueira atópase a uns 119 metros de altura sobre o nivel do mar. Desde o miradoiro (un espazo acondicionado con pasarela de madeira, varandas e un banquiño) aprécianse unhas preciosas vistas da Ría de Arousa, a desembocadura do río Ulla, a Illa de Cortegada ou a parte sur da Serra do Barbanza.
Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Panorámicas
Non ten nichos, todos os soterramentos son de foxo no terreo. Espazos entre as sepulturas de herba, sen camiños e cun cerramento exterior de muro baixo. A tumba do Premio Nobel de Literatura de 1989, Camilo José Cela, está baixo unha oliveira (Olea europaea) incluída no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras co código 55A.
Na Adina estaban enterrados os avós e o pai de…
Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arquitectura relixiosa
Fonte e lavadoiro no lugar do Vilar.
Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura da auga
Na parede dunha das torres do Santuario da Escravitude localízase este reloxo de sol de tipoloxía declinante a poñente, co gnomon dobrado, e coa inscrición: "POLI ARTICI / GRADI?? / AÑO IVBILEI 1745".
Padrón - Santa María de Cruces | Obra civil
Fonte próxima ao Castelo da Rocha Branca, onde a auga abrollaba dun cano de pedra, que caía sobre unha pía na que se poden apreciar as marcas do afiado de ferramentas de corte.
Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arquitectura da auga
Na parede sur da Igrexa de Santa María a Maior de Iria Flavia localízase este reloxo de sol.
Padrón - Santa María de Iria Flavia | Obra civil
Fonte no lugar de Sinde, na que a auga abrolla dun cano de pedra e cae sobre unha pía.