Busca

Amosando 121 - 129 de 129 resultados da busca.

A fonte atópase na rúa Raimundo García Domínguez “Borobó”. Segundo fontes orais, inicialmente non se atopaba nesta localización, senón na zona onde se atopa o Centro de Saúde. O cano da fonte sae dun muro en forma de arco feito con lousas de pedra. A pedra superior deste arco ten unha inscrición coa data na que se construíu en números romanos (1982) e baixo esta unha cuncha de vieira. A pía tamén ten forma de cuncha, está tallada en pedra…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura da auga

Localízase no lugar da Toxa e foi construído en 1949. A fonte está feita de pedra e ten dous canos que verten sobre unha pía rectangular de 90 centímetros de longo e 50 de ancho. A auga está canalizada cara o lavadoiro que está ao carón. A pía deste, tamén de pedra, mide 2,20 metros de longo e 2 metros de ancho e as lousas de lavar están colocadas en dous dos lados perpendiculares. Ten un tellado feito con cemento que se apoia sobre catro…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura da auga

Sitúanse no lugar de Condide. Non se coñece o ano de construción, mais segundo fontes orais debe ter máis de 100 anos. A fonte ten catro canos, e no seu día dicíase que era a mellor auga de Pontecesures. Esta auga desemboca no lavadoiro que se atopa a continuación. A pía deste mide 3,60 metros de longo, 2 metros de ancho e 40 centímetros de profundidade. As lousas para lavar están nun dos lados longos da pía. Con posterioridade á…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura da auga

Localízanse no lugar de Fenteira e foron construídos en 1949. A fonte ten un só cano e ao lado ten un pousadoiro, unha pedra onde se colocaba a sella chea de auga para logo subila á cabeza. O lavadoiro, ao carón da fonte, mide 2,70 metros de longo e 2,30 metros de ancho. As lousas onde se lavaba están nun dos lados máis longos. Como curiosidade cabe destacar que é o único dos lavadoiros que se conserva no concello no que había que lavar…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura da auga

Localízanse no lugar de Grobas e foron construídos no ano 1949. A fonte ten 3 canos e un pousadoiro ao lado para colocar a sella chea de auga, sendo así máis sinxelo subila á cabeza. O lavadoiro está a continuación da fonte. Mide 2,20 metros de longo e 2 metros de ancho. As lousas para lavar sitúanse nun dos lados da pía. Como curiosidade cabe destacar que, por onde sae a auga do lavadoiro, hai outra pequena lousa para lavar. Segundo…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura da auga

Bomba de auga no lugar de Porto, na rúa da Fontaíña, onde a auga bombeada procede directamente dun pozo.

A orixe etimolóxica da denominación procede do latín fonte. Trátase dunha fonte pequena, un nacente de auga que brota permanentemente do solo. Nunha época en que non había auga corrente nas casas a existencia destes mananciais próximos era fundamental para a…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura da auga

A Igrexa de San Xulián de Requeixo é de orixe románica, mandada construír polo Bispo Diego Xelmírez, sobre a antiga Capela de San Xulián en 1908. Rematouse de construír o 1 de outubro do ano 1116. Segundo a carta arqueolóxica editada polo Museo de Pontevedra, no ano 1918 foi localizada nesta capela unha ara dedicada a Xúpiter, outra ofrecida aos Lares e outras dúas ilexibles; todas elas permanecen actualmente no Museo de Pontevedra.

San Xulián de Requeixo é un…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura relixiosa

A partir do ano 1968, San Xulián de Requeixo, quedou desligado da parroquia de Santa Mariña de Herbón (Padrón) por mandato do Arcebispo de Compostela, Miguel García Cuesta. Até entón o culto víñase celebrando na antiga Capela de San Xulián e na desaparecida Capela de San Lázaro, vinculada ao Lazareto de San Lois. No ano 1875, unha xunta parroquial acordara construír un…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura relixiosa

Capela que se localiza no camiño de subida ao Miradoiro do Galiñeiro, emprazada no interior do Cemiterio de Pontecesures.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura relixiosa