Fonte e lavadoiro de Grobas

Fonte e lavadoiro de Grobas - Pontecesures - San Xulián de Requeixo

Imaxe: CPI Pontecesures

Localízanse no lugar de Grobas e foron construídos no ano 1949. A fonte ten 3 canos e un pousadoiro ao lado para colocar a sella chea de auga, sendo así máis sinxelo subila á cabeza. O lavadoiro está a continuación da fonte. Mide 2,20 metros de longo e 2 metros de ancho. As lousas para lavar sitúanse nun dos lados da pía. Como curiosidade cabe destacar que, por onde sae a auga do lavadoiro, hai outra pequena lousa para lavar. Segundo fontes locais, antigamente os cueiros dos nenos eran de tea e este era o lugar onde se lavaban de xeito que así non se emporcallaba o resto da auga do lavadoiro. Na actualidade está en desuso e a auga emprégase para regar por inundación as leiras próximas.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Fonte de Infesta

Lavadoiro da Chancela

Muíño de Infesta

Fonte de San Xulián