Fonte e lavadoiro de Fenteira

Fonte e lavadoiro de Fenteira - Pontecesures - San Xulián de Requeixo

Imaxe: CPI Pontecesures

Localízanse no lugar de Fenteira e foron construídos en 1949. A fonte ten un só cano e ao lado ten un pousadoiro, unha pedra onde se colocaba a sella chea de auga para logo subila á cabeza. O lavadoiro, ao carón da fonte, mide 2,70 metros de longo e 2,30 metros de ancho. As lousas onde se lavaba están nun dos lados máis longos. Como curiosidade cabe destacar que é o único dos lavadoiros que se conserva no concello no que había que lavar de xeonllos porque está ao nivel do chan. Na actualidade está en desuso e a auga da fonte emprégase para regar por inundación as leiras próximas

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Lavadoiro da Chancela

Fonte de San Xulián

Fonte de Infesta

Fonte de Zabala