Fonte e lavadoiro da Toxa

Fonte e lavadoiro da Toxa - Pontecesures - San Xulián de Requeixo

Imaxe: José Alberto Solla Barreiro

Localízase no lugar da Toxa e foi construído en 1949. A fonte está feita de pedra e ten dous canos que verten sobre unha pía rectangular de 90 centímetros de longo e 50 de ancho. A auga está canalizada cara o lavadoiro que está ao carón. A pía deste, tamén de pedra, mide 2,20 metros de longo e 2 metros de ancho e as lousas de lavar están colocadas en dous dos lados perpendiculares. Ten un tellado feito con cemento que se apoia sobre catro columnas de formigón.

  • INFORMACIÓN
  • Código: PO-AA007
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Arquitectura da auga
  • Cronoloxía: 1949
  • Concello: Pontecesures
  • Parroquia: San Xulián de Requeixo
  • Lugar: A Toxa
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Na fonte mantense unha inscrición fascista, incumprindo a lexislación vixente.

  • Protección:

    Non

  • Referencias:

    Lendo cos pés | CPI Pontecesures

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Fonte e lavadoiro da Toxa

Fonte e lavadoiro da Serva

Fonte e lavadoiro de Carreiras

A Fontaíña