Fonte e lavadoiro da Serva

Fonte e lavadoiro da Serva - Pontecesures - San Xulián de Requeixo

Imaxe: José Alberto Solla Barreiro

Sitúanse no lugar de Condide. Non se coñece o ano de construción, mais segundo fontes orais debe ter máis de 100 anos. A fonte ten catro canos, e no seu día dicíase que era a mellor auga de Pontecesures. Esta auga desemboca no lavadoiro que se atopa a continuación. A pía deste mide 3,60 metros de longo, 2 metros de ancho e 40 centímetros de profundidade. As lousas para lavar están nun dos lados longos da pía. Con posterioridade á construción do lavadoiro engadiuse un tellado. Este apoiase sobre dúas paredes construídas en ángulo recto e nos outros lados pousa sobre unhas columnas de formigón revestidas con lousas de pedra. Antigamente estaba todo construído con pedra do país, mais algunhas delas desapareceron. Foi restaurado pola escola obradoiro entre os anos 1999-2000.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


A Fontaíña

Fonte e lavadoiro da Serva

Fonte de Infesta

Fonte e lavadoiro de Grobas