Busca

Amosando 121 - 144 de 762 resultados da busca.

Capela vinculada á Orde Franciscana.


Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura relixiosa

Igrexa de estilo románico, aínda que podería tratarse de estilo prateresco ou barroco. Planta rectangular dunha nave con cabeceira destacada. Cantaría de granito. Fachada con portada de frontón recto partido e torre de campás dun só corpo. Pilastras ortogonais con cupuliña. Canzorros e porta do século XVI no muro norte e canzorros no muro sur. Ábsida. Contrafortes con canzorros nos muros norte e sur. Muro leste con fiestra absidal de arquivoltas. Presbiterio dobrado con…


Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura relixiosa

O monumental Santuario da Escravitude, situado a medio camiño entre Santiago e Padrón, de estilo barroco e neoclásico, é obra de José San Martín. As orixes remóntanse ao século XVI, sendo construído maioritariamente no século XVII e rematado definitivamente no 1885.

Planta de cruz latina, dunha soa nave, con cruceiro e presbiterio destacados en planta e alzado. Cantaría de granito. Fachada con porta de orellas, grande fornela para a Virxe, decorada con volutas,…


Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura relixiosa

A capela orixinal era de estilo barroco, planta rectangular e perpiaños de granito. Tiña a fachada con pequena espadana rococó, coa base voada, coroación curvilínea e balaústre no remate. Foi destruída na década dos 90 do século XX.

A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural denegou a autorización para a construción da edificación actual, mais a propia administración recoñece "que non se exerceron no seu día as potestades na orde sancionadora que correspondían…


Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura relixiosa

Pequena capela á entrada co Convento de Santo Antonio de Herbón.


Padrón - Santa María de Herbón | Arquitectura relixiosa

No 1965 inaugurouse a capela anterior á actual, pagada polos veciños, e que estaba localizada nun pequeno outeiro preto do campo da festa, ao carón da N-550, e que substituía a outra aínda máis antiga.

A capela do 1965 viuse afectada polo que ían ser as obras de ampliación da N-550 que, finalmente, quedáronse na…


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arquitectura relixiosa

Masa arborada de especies autóctonas, principalmente carballos (Quercus robur L.), na contorna da Ermida de San Cibrán. No mes de xuño celébrase unha romaría dedicada ao santo, médico da reuma, e até non fai moitos anos organizábase o Curro do Xiabre. Esta festa gandeira, organizada pola Asociación Cabalar do Xiabre, recrea a loita entre homes e cabalos. Celébrase no curro construído á beira da…


Catoira - San Pedro de Dimo | Espazos naturais

Pedras Miúdas ten a súa orixe nunha antiga canteira no monte da que se extraía pedra. Cando a canteira quedou abandonada, a acumulación das choivas creou esta lagoa artificial, que ten unha profundidade de até 30 metros. A empresa propietaria da canteira pretendía converter o lugar nun vertedoiro, mais ante a presión veciñal levouse a cabo un proxecto para transformar o lugar nun espazo naturalizado.

A zona foi declarada como Espazo Natural de Interese Local…


Catoira - San Miguel de Catoira | Espazos naturais

O treito final do río Ulla baña os concellos de Catoira, Valga, Pontecesures, Vilagarcía de Arousa, Padrón, Dodro e Rianxo, formando unha ampla enseada con zonas de marisma e arboredo de ribeira, que pouco a pouco se vai abrindo nunha das máis extensas, ricas e diversas, desde o punto de vista ecolóxico, das rías galegas.


Catoira - Santa Baia de Oeste | Espazos naturais

Lagoa formada pola acumulación de auga na parte alto do Monte Meda.


Padrón - Santa María de Herbón | Espazos naturais

Val profundo escavado polo río Ulla ao seu paso polo Lapido. No ano 2018, a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Lapido restaurou un antigo vertedoiro á beira da estrada que vai de Herbón a Carcacía como miradoiro, desde o que se pode ver o propio canón, parte das pesqueiras do Ulla…


Padrón - San Pedro de Carcacía | Espazos naturais

O río Sar forma neste punto unha illa fluvial, na que o bosque de ribeira ponse de manifesto coa presenza de freixos, ameneiros, bidueiros ou salgueiros. O leito do río Sar está incluído dentro da Rede Natura 2000 (Sistema Fluvial Ulla-Deza).


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Espazos naturais

Lugar onde se xuntan o río Sar e o río Ulla. O punto actual da desembocadura non é o orixinal, posto que este modificouse coa canalización do Sar, mais os meandros orixinais aínda se poden apreciar no terreo, mantendo estes o nome de río Sar Vello.


Padrón - Santiago de Padrón | Espazos naturais

Curso de auga, formado na época de chuvias, que baixa pola ladeira do Lapido configurando un salto de auga ao carón da estrada que une as parroquias de Carcacía e Herbón.


Padrón - San Pedro de Carcacía | Espazos naturais

Catoira - San Pedro de Dimo | Hórreos

Catoira - San Pedro de Dimo | Hórreos

Catoira - San Pedro de Dimo | Hórreos

Catoira - San Pedro de Dimo | Hórreos

Catoira - San Pedro de Dimo | Hórreos

Catoira - San Pedro de Dimo | Hórreos

Catoira - San Miguel de Catoira | Hórreos

Hórreo labrado integramente en cantaría.


Catoira - Santa Baia de Oeste | Hórreos

Hórreo mixto, levantado en pedra e madeira.


Catoira - Santa Baia de Oeste | Hórreos

Conxunto de tres hórreos ou cabaceiros de tamaño medio erixidos sobre pés e cepas de cantaría que pertencen a unha tipoloxía mixta (2) e labrados integramente en pedra (1). Trátase dunha versión canónica da comarca caldense, característico por presentar cámara rectangular de estrutura pétrea pechada por táboas de madeira ou fiadas de granito horizontais regulares, que lle conceden unha estilizada proxección vertical. Entre a soleira e a cámara un conxunto de pés e cepas,…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Hórreos