Telleira do Ferrocarril

Telleira do Ferrocarril - Valga - Santa Cristina de Campaña

Imaxe: Alejandro Fernández Palicio

Telleira hoxe desaparecida que se localizaba moi próxima ás vías do ferrocarril e baixo o cable do transporte funicular aéreo que unía a Cerámica de Campaña (Novo y Sierra) co embarcadoiro de Caneiras.

Existiu neste lugar unha telleira da que tan só quedan restos amoreados da tellas e ladrillos aínda visibles. Como contan numerosas testemuñas, é difícil poder descifrar estes restos, xa que foron removidos varias veces nos últimos anos, tanto para o paso do gasoduto Valga-Tui, que pasa por enriba do xacemento; como pola máis recente construción dunha pista paralela á vía do tren. Descoñécese cando funcionou ou deixou de funcionar.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Embarcadoiro de Caneiras

Telleira do Forno

Mina Mercedes

Telleira da Mina Mercedes