Telleira da Devesa

Telleira da Devesa - Valga - Santa Cristina de Campaña

Imaxe: Alejandro Fernández Palicio

Telleira hoxe desaparecida no lugar da Devesa.

Arredor do ano 1750 era unha telleira de irmandade propiedade de Benito Granda Santiago de Avalo e outro. Desta vella telleira hoxe tan só se conserva o topónimo O Telleiro referido á finca onde estaba situada unha vella parra de uvas de sabor moi particular. Segundo contan os veciños, fai uns anos, cando se estaba a realizar a praia fluvial en Vilarello, o Concello de Valga obrigou aos propietarios a baleirar a finca de terra, xa que estando un metro e medio por riba do nivel do camiño, “podería derrubarse”. O concello utilizou a terra para o recheo da praia fluvial até situar a Finca O Telleiro ao mesmo nivel do camiño. Os veciños contan que algunhas das vivendas da contorna aínda posúen a tellas e ladrillos deste forno.

Suponse que o barro utilizado sería extraído nas proximidades da zona, xa que cando funcionaba aínda non despuntaran as telleiras de Dena. Moi próxima á Devesa existe unha área arxilosa de importancia, segundo indican estudios do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas), polo que é posible que a barreira estivera situada alí.

O forno foi destruído. Durante a extracción de terra para a praia fluvial de Vilarello, os veciños advertiron a presenza dun forno de cocer tella, na zona máis alta e pegada ao camiño da parcela, que foi arrasado sen que se tomase ningunha cautela para o seu estudo, levantamento ou similar.

Arredor de 1754 tiña unha renda de 400 reais ao ano.

As primeiras referencias a esta telleira atópanse no Catastro de Ensenada (1749).

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Embarcadoiro de Caneiras

Telleira de Padín

Barreira das Gándaras do Forno

Mina Mercedes