Hórreo de Tallós

Hórreo de Tallós - Dodro - San Xián de Laíño

Imaxe: Beatriz Pereiras

Situado nunha finca nun alto, detrás da Escola da Emigración de Tallós.

O hórreo asenta directamente sobre a rocha natural, apoiándose as cepas sobre unha pedra rectangular individual para cada potro a modo de cimentación. Os soportes son catro cepas de pedra. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten tres claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, con porta de madeira no lateral leste. Columnas e cornixa de pedra. Penal dianteiro de pedra con porta de madeira e penal traseiro tamén de pedra con seis fendas de ventilación horizontais. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de tella do país. Remates: cruz latina alta florenzada e cos ángulos en chafrán, sobre base cuadrangular; e pináculo piramidal de gran tamaño sobre base cuadrangular. Orientado ao NE.

No 2010, o propietario di que cree que pode chegar ao 200 anos de antigüidade. Outra veciña consultada di que lle acorda o hórreo toda a vida.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-HO095
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Hórreos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xián de Laíño
  • Lugar: Tallós
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Boa, a madeira e a cubrición foron restaurados polos propietarios.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 152)

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Hórreo de Revixós

Hórreo de Vigo

Hórreo de Imo

Hórreo de Vigo