Hórreo de Manselle

Hórreo de Manselle - Dodro - San Xián de Laíño

Imaxe: Eladio Cortizo

Situado no lugar chamado Horta do Val, no Souto, nun alto.

A cimentación é unha repisa de cachotaría de granito baixa, arranxada nalgún punto con cemento. Os soportes son catro cepas de pedra con moldura na parte superior. O gabinete do medio está pechado con ladrillo e cemento cunha pequena porta de madeira, para gardar animais. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten tres claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, cunha porta de madeira no lateral oeste. Non ten linteis. Columnas e cornixa de pedra. Penal dianteiro de pedra con porta de madeira, e penal traseiro de pedra sen ventilación. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. A cubrición é de uralita con tella do país por riba. Remates: non conserva a cruz, só a base en escocia; e pináculo piramidal estilizado. Orientado ao NE.

No 2010, os veciños non souberon concretar a cronoloxía do hórreo, aínda que non lles acorda facelo. Por tipoloxía parece ter máis de cen anos. Aínda en uso.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-HO188
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Hórreos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xián de Laíño
  • Lugar: Manselle
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Regular, sendo preciso renovar a madeira e limpar a pedra. Tamén introduce materiais de construción modernos, como o ladrillo nun gabinete e a uralita na cubrición.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 99)

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Hórreo de Castro

Hórreo de Eiró

Hórreo de Vigo

Hórreo de Lestrobe