Hórreo de Revixós

Hórreo de Revixós - Dodro - Santa María de Dodro

Imaxe: Beatriz Pereiras

No interior do núcleo, nun pequeno patio traseiro da casa á que pertence.

Cimentado sobre unha repisa de cachotaría de granito duns 50 centímetros de altura. Os soportes son tres cepas de pedra, aínda que encintadas e con partes en cemento. No medio do gabinete máis austral ten outra pedra de granito vertical, rectangular. Este gabinete sur está pechado no seu lateral oeste con pedra, e úsase para gardar diferentes aparellos. O tornarratos é unha única plataforma corrida ao longo de todo o corpo do hórreo. O saliente do tornarratos polo leste é de cemento. Ten dous claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, cunha porta de madeira no lateral leste. Non ten linteis. Columnas de pedra e cornixa de madeira. Penal da fronte de pedra con porta de madeira e penal traseiro tamén de pedra sen fendas de ventilación. Ten sobrepenas no piche traseiro, que é de pedra, mentres que o pinche dianteiro é de madeira. Cubrición de tella do país. Só conserva un remate, un bico ou pináculo piramidal na parte traseira. Orientado ao NE.

No 2010, di o propietario que andaría polos cen anos; ten documentación.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-HO161
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Hórreos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: Santa María de Dodro
  • Lugar: Revixós
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Mala, a madeira está en mal estado e ten partes en cemento. A cubrición tamén está a caer.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 49)

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Hórreo de Castro

Hórreo de Lestrobe

Hórreo de Castro

Hórreo de Traxeito