Busca
Parte saínte da costa no lugar de Quintáns, que penetra no río Ulla.
Rianxo - Santa María de Isorna | Espazos naturais
No 1927 a Cerámica de Campaña (Novo y Sierrra) construía un moderno sistema Bleichert funicular de trasporte aéreo para a arxila que se extraía da Mina Mercedes, así como os materiais cerámicos que se producían na factoría, até o…
Valga - Santa Cristina de Campaña | Arquitectura industrial
Miradoiro natural desde a cima do Monte da Lagoa.
Valga - San Miguel de Valga | Panorámicas
O Monte Pedregueira atópase a uns 119 metros de altura sobre o nivel do mar. Desde o miradoiro (un espazo acondicionado con pasarela de madeira, varandas e un banquiño) aprécianse unhas preciosas vistas da Ría de Arousa, a desembocadura do río Ulla, a Illa de Cortegada ou a parte sur da Serra do Barbanza.
Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Panorámicas
Situado nunha finca pechada con valado de pedra, situada na parte dianteira da casa á que pertence, o número 10 do núcleo.
Fermoso exemplar de hórreo mixto con reloxo de sol. A cimentación é unha repisa baixa de perpiaños e cachotes de granito, duns 40 centímetros de altura. Ten catro cepas de pedra, molduradas na parte superior e…
Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos
Atópase no rego de Fontao, que se une ao rego da Pía, para formar o rego de Sinde, que finalmente desemboca no río Ulla.
Padrón - San Pedro de Carcacía | Espazos naturais
Hórreo tipo Noia de dous claros, construído integramente en pedra de grao, de cámara rectangular sobre cepas de cantaría e pechado con doelas pétreas e cuberta de pedra. Voo na parte inferior da grade como tornarratos. Porta en alzado penal. Decoración con cruz latina sen figuración e pináculo con dobre bola. Situado sobre soleira de nivelación, composta por un muro de cachotaría.…
Catoira - San Miguel de Catoira | Hórreos
Hórreo no lugar de Condide, cunhas dimensión de: 11,25 metros de longo, 1,25 de ancho, 1,70 de altura da cámara e 2,30 de altura do pinche. Unha cruz latina e un turuleco adornan, rematan e protexen as colleitas deste hórreo.
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Hórreos
O nome Lufo semella voz antiga, debe ser xermánico, relacionado coa partícula ufe/ulfe, lobo. Non hai no Nomenclátor ningún outro Lufo agás o de Dodro. Tamén se coñece como río de Vigo e chámanlle, augas abaixo da aldea de Vigo, río do Cabalo porque os chaláns abeberaban nel os animais cando ían á feira a Padrón.
Nace moi preto de Pexegueiro e do…
Dodro - Santa María de Dodro | Espazos naturais
Panorámica desde a estrada que vai de Reboiras a Eiró.
Dodro - San Xián de Laíño | Panorámicas
Panorámica do val do Ulla desde os Outeiros de Paredes
Dodro - San Xoán de Laíño | Panorámicas
Localízase ao pé do Monte da Cabreira, fronte á Vacariza, a poucos metros da Telleira de Padín, cara o oeste.
Esta é unha das telleiras mellor conservadas da contorna, conservándose o forno, restos do embarcadoiro e da vivenda dos telleiros. O propietario do terreo e do…
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura industrial
Localízase ao pé do Monte da Cabreira, fronte á Vacariza, a poucos metros da Telleira de Roeiro, cara o leste.
A Telleira de Padín foi o derradeiro forno que funcionou na comarca do Baixo Ulla. Tamén foi a derradeira en ser construída e a única da comarca da que hai…
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura industrial
Telleira hoxe desaparecida no lugar da Devesa.
Arredor do ano 1750 era unha telleira de irmandade propiedade de Benito Granda Santiago de Avalo e outro. Desta vella telleira hoxe tan só se conserva o topónimo O Telleiro referido á finca onde estaba situada unha vella parra de uvas de sabor moi particular. Segundo contan os veciños, fai uns anos, cando se estaba a…