Busca

Amosando 25 - 48 de 85 resultados da busca.

Conxunto de vivendas e edificacións auxiliares que conforman o lugar das Miráns. Tecido tradicional caracterizado por unha morfoloxía compacta en torno a un cruce de camiños central. Tipoloxía de vivenda de planta rectangular e dúas alturas, con cuberta a dúas augas de tella, realizada con muros de cachotaría de granito vista, con detalles de cantaría nos recercados dos ocos principais. Edificacións auxiliares anexas, xeralmente en planta baixa e seguindo o mesmo sistema…


Rianxo - Santa Baia do Araño | Arquitectura civil

Vivenda situada sobre o cruce principal do lugar das Miráns, formando parte dun conxunto de edificacións catalogadas. Edificación principal de planta trapezoidal e dous andares, realizada con muros de cachotaría e con cuberta a dúas augas de tella. Anexo en planta baixa acaroado á fachada norte. Acceso principal desde a rúa na fachada leste, onde destaca o corredor cuberto do segundo andar, disposto sobre canzorros e con montantes de granito de sección circular que…


Rianxo - Santa Baia do Araño | Arquitectura civil

As escolas unitarias eran as existentes no rural galego hai varias décadas, mostra da vida propia das parroquias, que entón eran as máis importantes social e administrativamente. As parroquias foron, pouco a pouco, sendo desposadas da súa organización e estrutura, cando os mestres deixaron de vivir na mesma parroquia, os curas escasearon, e as escolas pasaron a ser grupos escolares xeralmente na capitalidade do concello para optimizar os recursos e estruturar a formación…


Rianxo - Santa María de Leiro | Arquitectura civil

Vivenda situada sobre a marxe norte da estrada principal do Araño, xunto ao centro sociocultural e á escola. Está realizada principalmente con muros de cachotaría de granito, aínda que ten partes de cantaría. Planta rectangular e dous andares, con cuberta a dúas augas de tella. Acceso principal á vivenda dende a estrada, mediante tres portas alinteladas. Existe tamén un acceso lateral no muro de peche da finca, sobre o que destaca un hórreo. Balcón central cuberto…


Rianxo - Santa Baia do Araño | Arquitectura civil

A casa reitoral de Traba está situada no extremo sueste do lugar, no interior dunha finca de grandes dimensións, na contorna igrexa parroquial. Trátase dun conxunto formado por varios volumes ao que se accede, desde a estrada, mediante un portón alintelado sobre o muro de peche perimetral. Unha cruz cun cristo crucificado preside a súa entrada. Edificación…


Rianxo - Santa Baia do Araño | Arquitectura civil

As escolas unitarias eran as existentes no rural galego hai varias décadas, mostra da vida propia das parroquias, que entón eran as máis importantes social e administrativamente. As parroquias foron, pouco a pouco, sendo desposadas da súa organización e estrutura, cando os mestres deixaron de vivir na mesma parroquia, os curas escasearon, e as escolas pasaron a ser grupos escolares xeralmente na capitalidade do concello para optimizar os recursos e estruturar a formación…


Rianxo - Santa María de Asados | Arquitectura civil

Edificación que data do século XIX, situada ao sur do lugar de Traba. Conxunto composto por unha edificación principal dedicada a vivenda e varias edificacións auxiliares. De planta en L e dous andares, resolta con muros de cachotaría con remates en cantaría e con cuberta a catro augas de tella. A finca está elevada con respecto ao nivel da rúa, polo que a edificación principal presenta dous andares na fachada oeste e tres fronte ao acceso principal desde a rúa. Balcón…


Rianxo - Santa Baia do Araño | Arquitectura civil

Pazo de estilo barro que data do século XVII, cunha reconstrución no XVIII. Situado xunto á Capela dos Desamparados no lugar de Brión. O patio péchase coa Capela dos Desamparados, que formaba parte do pazo. Fabricado en pedra, deixando á vista perpiaños irregulares de bo tamaño, e cuberto de tella curva, consta de dúas plantas, a inferior utilizada para diversos usos e…


Rianxo - Santa María de Leiro | Arquitectura civil

Casa reitoral que data do século XIX, situada no interior dunha finca de grandes dimensións e localizada xunto á igrexa parroquial. Construción de planta en L, da que só se conservan os muros realizados en cantaría de granito. Acceso ao segundo andar mediante un patín na fachada principal. Fachada posterior con balcón de ferro forxado sobre una plataforma de granito.


Rianxo - Santa María de Leiro | Arquitectura civil

Casa reitoral que data do ano 1782 situada detrás da igrexa parroquial. Á finca, accédese desde o adro da igrexa, mediante un portón alintelado sobre o muro perimetral. Planta trapezoidal resultado da unión de varios volumes realizados en cachotaría de granito con cuberta a dúas augas de tella sobre estrutura de madeira. Na fachada principal destaca a escaleira e un amplo patín cuberto con emparrados. Fachada posterior con solaina. Existen varias construcións acaroadas á…


Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura civil

No lugar de Abuín, algo máis abaixo da aldea, atópase un lugar onde vellas vivendas se funden coa fraga nunha mestura de pedras e madeira que invita a deixarse levar neste peculiar lugar. Aquí consérvase un pequeno grupo de casas feitas en cachotaría irregular granítica, todas elas cubertas pola maleza. Aínda que a súa datación é difícil de definir, posiblemente sexan dos séculos XVIII e XIX.

O máis salientable deste lugar son as numerosas lendas que existen e…


Rianxo - Santa María de Leiro | Arquitectura civil

Restos de edificación situada nunha finca de grandes dimensións delimitada por un muro de cachotaría de pedra, lindeira coa finca da vivenda cun reloxo de sol, no extremo leste do lugar de Sestelo. Acceso principal mediante unha porta alintelada situada xunto ao Cruceiro de Gómez. Construción de planta rectangular e dous andares, disposta perpendicular ao muro de peche e acaroado a el, xunto ao portón alintelado de acceso desde a rúa. Está resolta con muros de cachotaría…


Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura civil

Conxunto de vivenda e anexos situados no extremo norte do lugar de Isorna, nunha finca de grandes dimensións, cun muro de peche perimetral realizado en cachotaría de granito. Edificación principal de planta rectangular e dous andares con cuberta a dúas augas de tella e muros de cachotaría de granito encintados con remates en cantaría na contorna dos ocos. Fachadas de composición sinxela con accesos en planta baixa e ocos rectangulares con carpintería de madeira enrasada.…


Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura civil

As escolas unitarias eran as existentes no rural galego hai varias décadas, mostra da vida propia das parroquias, que entón eran as máis importantes social e administrativamente. As parroquias foron, pouco a pouco, sendo desposadas da súa organización e estrutura, cando os mestres deixaron de vivir na mesma parroquia, os curas escasearon, e as escolas pasaron a ser grupos escolares xeralmente na capitalidade do…


Rianxo - Santa Baia do Araño | Arquitectura civil

Cine que funcionou desde o 1948 ao 1980, cunha fachada de 15,10 metros, e un longo de 51,20, que se converteu no local de representación do grupo de Teatro Airiños de Asados. A primeira película que se proxectou foi “La hija del capitán”, un día de Santa Lucía do ano 1948.

Segundo explica…


Rianxo - Santa María de Asados | Arquitectura civil

Vivenda no lugar de Quintáns que ten unha das súas paredes cuberta por cunchas de vieira. Trátase dun recurso tradicional moi vistoso e propio, que consistía en illar o penal máis exposto e propenso a recibir chuvia e humidade con cunchas de vieira.


Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura civil

Conxunto de vivendas e edificacións auxiliares que conforman o lugar de Brión.


Rianxo - Santa María de Leiro | Arquitectura civil

Conxunto de vivendas e edificacións auxiliares que conforman o lugar de Quintáns.


Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura civil

Conxunto de vivendas e edificacións auxiliares que conforman o lugar de Rañó.


Rianxo - Santa María de Leiro | Arquitectura civil

Durante o curso de rehabilitación que se desenrolou en Rianxo no ano 2017, un grupo de traballo localizou, no lugar de Quintáns, a casa do Arcebispo Álvaro Núñez de Isorna. Este grupo estaba composto por Alba Castrillón, arquitecta técnica pola Universidade da Coruña; Julián Moares, estudante de Enxeñería Naval na Escola Politécnica de Ferrol; Ana María García, alumna de…


Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura civil

Vivenda con dous gravados na pedra: un tríscele sobre o pé dereito dunha porta e unha cabeza cortada.


Rianxo - Santa María de Leiro | Arquitectura civil

Segundo os investigadores Xosé Comoxo e Xesús Santos, o lendario bandoleiro Xan Quinto era da parroquia rianxeira do Araño. O seu nome real era Antonio Rodríguez Otero.

Foron varios os escritores os que o citaron nas súas obras, situándoo na segunda metade do século XIX. Parecía tratarse dun tipo froito da inventiva popular aproveitado polos intelectuais da época…


Rianxo - Santa Baia do Araño | Arquitectura civil

Casa reitoral do século XIX situada na contorna da Igrexa de San Salvador de Taragoña e do cemiterio parroquial, no centro do núcleo da Igrexa. Acceso principal desde o camiño que vai á igrexa mediante un portón de grandes dimensións e lintel formado por doelas de granito.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura civil

Edificación que data do ano 1660 situada xunto á Capela de San Xosé da Floresta, ao oeste de Rianxiño, e que actualmente está destinada a aloxamento de turismo rural.

Conxunto de planta en L composto por unha edificación principal e varias edificacións…


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura civil