Casa reitoral de Santa María de Isorna

Casa reitoral de Santa María de Isorna - Rianxo - Santa María de Isorna

Imaxe: Xilgaro Soutariz

Casa reitoral que data do ano 1782 situada detrás da igrexa parroquial. Á finca, accédese desde o adro da igrexa, mediante un portón alintelado sobre o muro perimetral. Planta trapezoidal resultado da unión de varios volumes realizados en cachotaría de granito con cuberta a dúas augas de tella sobre estrutura de madeira. Na fachada principal destaca a escaleira e un amplo patín cuberto con emparrados. Fachada posterior con solaina. Existen varias construcións acaroadas á vivenda que conforman u patio interior.

  • INFORMACIÓN
  • Código: RI-AC003
  • Outras denominacións: Casa reitoral de Sestelo
  • Tipoloxía: Arquitectura civil
  • Cronoloxía: 1782
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: Santa María de Isorna
  • Lugar: Sestelo
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (A-011)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

    Fotos de Rianxo

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Cine Avenida

Casa Nº 1 de Abuín

Casa reitoral de Santa María de Leiro

Escola de Quintáns