Busca
Telleira hoxe desaparecida que se localizaba nos terreos da actual praia fluvial de Vilarello.
A actual praia fluvial de Vilarello chámase A Telleira aínda hoxe, xa que fai moitos anos estivo aquí situada unha telleira da que non se conserva ningún resto debido ás obras…
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura industrial
As barreiras das Gándaras do Forno eran unha serie de pequenas barreiras próximas ás telleiras. A maior parte das barreiras coñecidas situábanse en zonas do antigo monte de man común, parte do cal foi ocupado de maneira abusiva por particulares. Nos derradeiros anos de funcionamento destas telleiras o barro mesturábase co barro de Dena na fabricación de tella. Máis antigamente, o barro destas barreiras era o único usado para elaboralas.…
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura industrial
As telleiras de Vilar (Telleira de Roeiro e Telleira de Padín) extraían barro da súa contorna, ao pé do Monte Leveiró. Este barro era mesturado co de Dena para a fabricación de ladrillos, mais non así para as tellas.…
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura industrial
Telleira hoxe desaparecida que se localizaba no lugar do Telleiro, fronte ao Pazo da Cova.
Nesta telleira traballou hai moitos anos un home con acento portugués chamado “Moquillo” que amasaba o barro con dúas mulas. Deixou de funcionar "hai moitísimos anos". Os…
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura industrial
A barreira da Mina Cristina atopábase no Concello de Pontecesures, tras o Centro de Saúde de Valga. Inventariada co número 1499 do catálogo mineiro e pertencente, igual que a Mina Mercedes, ao Grupo Mineiro “Minas cerámicas de Campaña”. Estaba situada no Monte de Utilidade pública nº129 do Catálogo de utilidade pública do Concello de…
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura industrial
Xacemento arqueolóxico no Monte Galiñeiro.
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arqueoloxía
Insua formada polo río Ula, próxima á Insua da Pomba (Valga) e á Insua de Bexo (Dodro e Rianxo).
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Espazos naturais
Este espazo forma, xunto coas Brañas de Laíño de Dodro, unha das zonas húmidas máis grandes de Galicia, cunha riqueza medioambiental de primeira magnitude, protexida pola Rede Natura 2000 (Sistema Fluvial Ulla-Deza). Teñen unha importante variedade de flora e fauna presentando exemplares en perigo de extinción e endemismos da Península Ibérica como o…
Valga - Santa Cristina de Campaña | Espazos naturais
Cruceiro no lugar das Eiras, que segundo o propietario a cruz ten uns douscentos anos. Localizado dentro dunha propiedade privada, está no percorrido que fai a procesión dos lacóns o Día da Candeloria.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos
Cruz sobre conxunto edificatorio de acceso a vivenda en Porto de Arriba. A razón de colocar unha cruz sobre as portas era a de evitar "a entrada do demo na casa".
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Elementos relixiosos
Cruceiro localizado na finca pertencente á Casa do Sisto.
Valga - Santa María de Xanza | Elementos relixiosos
Vía crucis formado por 11 cruces que rodean ao adro da Igrexa de Santa María de Xanza.
Valga - Santa María de Xanza | Elementos relixiosos
Hórreo no lugar da Tarroeira, construído en 1918 segundo inscrición existente no lintel.