Busca

Amosando 121 - 144 de 164 resultados da busca.

Cruceiro de granito situado á beira do camiño inferior que comunica os lugares da Mámoa e Suigrexa. Plataforma de tres chanzos e base prismática con molduras no corpo superior. Fuste de sección cadrada con relevos lonxitudinais nas frontes. Capitel troncopiramidal inverso decorado con volutas, rostros de querubíns e motivos vexetais, sobre o que apoia unha cruz circular, de aspecto leñoso cun Cristo no anverso e unha Virxe no reverso.


Rianxo - Santa María de Asados | Elementos relixiosos

Cruz de granito sen imaxes, situada na marxe norte da estrada principal de Asados, no cruce do camiño que vai ao lugar de Vilanustre. Cruz latina de grandes dimensións e sección octogonal, apoiada directamente sobre un fuste circular cunha figura central de San Antonio de Padua. Base prismática inferior.


Rianxo - Santa María de Asados | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de imaxe, con Virxe de granito localizada no interior da parcela dunha vivenda situada nas Miráns, sobre o camiño que leva ao río. Base prismática sobre a que se ergue un fuste de sección cadrada con arestas chafranadas. Capitel troncopiramidal inverso con molduras, sobre o que se sitúa a imaxe da Virxe.


Rianxo - Santa Baia do Araño | Elementos relixiosos

Cruz cun Cristo de granito localizada no interior da parcela dunha vivenda situada no centro do núcleo, sobre o camiño que leva ao río. Na parcela atópase tamén unha imaxe da virxe sobre un fuste realizada en cantaría. Cruz latina de sección cadrada con arestas chafranadas e remates moldurados nos vértices, apoiada directamente sobre o chan. Imaxe dun Cristo na cara frontal.


Rianxo - Santa Baia do Araño | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito situado nos Lemos, fronte ao cruce de camiños principal. Plataforma cadrada de catro chanzos e base prismática sobre a que se ergue un fuste octogonal de sección inferior cadrada con relevos. Cruz de formas planas sen imaxes, con algunha figuriña incrustada feita en mármore, sobre un capitel troncopiramidal inverso con volutas nos extremos.


Rianxo - Santa Baia do Araño | Elementos relixiosos

Cruceiro situado á beira do camiño que une os lugares de Pousada e A Capela, paralelo á estrada principal do Araño. Plataforma elevada con dous chanzos e base cúbica, con peza de remate circular sobre o que apoia o fuste. Fuste de sección circular cunha imaxe de San Antonio de Padua cara a rúa. Capitel con volutas e cruz latina á que lle falta o vértice superior, cun Cristo no anverso e unha Virxe no reverso.


Rianxo - Santa Baia do Araño | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito situado no centro do lugar do Vilar, á beira do camiño que leva á fonte e lavadoiro. Plataforma cadrada de dous chanzos e base prismática, sobre a que se ergue un fuste rectangular de arestas chafranadas na parte superior. Capitel con molduras xeométricas e cruz latina de sección cadrada, cun Cristo no anverso e unha Virxe no reverso.


Rianxo - Santa Baia do Araño | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito situado ao sur do lugar da Ermida, no camiño que parte da Ermida de San Xoán de Badía e baixa cara o río Té, onde se localizan o Muíño da Vexa de Abaixo e a Ponte…

Cruceiro de granito situado no extremo leste do lugar do Toural. Plataforma cadrada con tres chanzos e base prismática, sobre a que se ergue un fuste octogonal de sección cadrada no contacto coa base. Capitel con volutas e cruz latina, coa imaxe da Virxe no anverso e Cristo no reverso.


Rianxo - Santa Baia do Araño | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito situado ao sur do lugar do Rabado, apoiado sobre unha plataforma dun chanzo e base prismática con remate circular. Fuste octogonal de sección cadrada no remate inferior, decorado nas catro frontes, con diversos símbolos. Capitel troncopiramidal inverso con volutas nas esquinas e cruz de aspecto leñoso, cun Cristo no anverso e unha Virxe no reverso.


Rianxo - Santa Baia do Araño | Elementos relixiosos

Cruceiro situado no cruce de camiños que vai aos Lemos, sobre a estrada AC-305, xunto a unha Fonte de María Dis. Plataforma de tres chanzos e base de sección cadrada, con molduras e inscrición nun lateral, co ano de construción do cruceiro (1772). Fuste octogonal e remate de sección cadrada sobre a base. Capitel adornado con anxos e volutas nas esquinas. Cruz de sección…


Rianxo - Santa Baia do Araño | Elementos relixiosos

Antigo cruceiro de granito situado á beira da estrada que comunica os lugares dos Lemos e Os Xens. Tan só se conserva parte dun fuste de sección cadrada sobre unha base prismática, coas arestas superiores chafranadas e unha plataforma de tres chanzos.


Rianxo - Santa Baia do Araño | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito situado sobre o cruce central do lugar de Cerqueiras. Fuste octogonal coa imaxe da Virxe, apoiado directamente nun penedo. Capitel troncopiramidal con molduras e cruz de sección hexagonal e remates nos extremos da que só quedan restos da imaxe dun cristo.


Rianxo - Santa Baia do Araño | Elementos relixiosos

Cruceiro do Souto ou Cruceiro de Outeiro é do tipo de capeliña situado á beira da estrada que une os lugares de Traba e A Capela polo norte, xunto ao regato do Batán. Fuste octogonal e groso sobre o terreo, con remates cadrados na parte superior que soportan a capeliña, actualmente sen imaxe. A capela é lisa, de base moldurada, teito plano e tellado a catro augas. Contén no interior unha imaxe da Virxe co Neno. O Cristo crucificado ten as mans pechadas, pergameo…


Rianxo - Santa Baia do Araño | Elementos relixiosos

Vía crucis composto por seis cruces situadas a ambos lados da estrada principal do lugar da Igrexa, en torno ao Cruceiro do Calvario. Cruces latinas sen imaxes, apoiadas sobre plataforma cadrada e base prismática, realizadas en cantaría de granito. Sección cadrada coas arestas chafranadas con decoración sinxela nos vértices superiores e brazo inferior mais longo apoiado directamente sobre a base.


Rianxo - Santa María de Leiro | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito no interior dunha finca con fronte á estrada principal de acceso ao lugar de Traba. Plataforma de dous chanzos e base prismática con figuras humanas na base do fuste. Fuste octogonal con tres imaxes a ambos lados, e capitel de remate superior, con volutas e decoración vexetal. Remata nun capitel con grande profusión decorativa, querubíns, cunchas e volutas en formas vexetais. Cruz de sección circular cun Cristo no anverso e unha Virxe no reverso.


Rianxo - Santa Baia do Araño | Elementos relixiosos

Vía crucis composto por seis cruces situadas a ambos lados da estrada principal do lugar da Igrexa, en torno ao Cruceiro do Calvario. Cruces latinas sen imaxes, apoiadas sobre plataforma cadrada e base prismática, realizadas en cantaría de granito. Sección cadrada coas arestas chafranadas con decoración sinxela nos vértices superiores e brazo inferior mais longo apoiado directamente sobre a base.


Rianxo - Santa María de Leiro | Elementos relixiosos

Cruceiro de capeliña situado nun espazo verde xunto ao río Té, que antigamente era o lugar que acollía unha especie de mercado de gando. Plataforma de dous chanzos sobre a que asenta directamente un fuste composto por tres pezas de granito coas arestas chafranadas, sen pedestal. Capeliña lisa sen imaxe, con cornixa decorada con anxos e remate troncopiramidal sobre o que apoia unha cruz cun…


Rianxo - Santa Baia do Araño | Elementos relixiosos

Cruceiro de ánimas de granito situado á beira da estrada que comunica os lugares dos Lemos e Os Xens, onde se atopa tamén o Cruceiro de Cuntín. Plataforma de dous chanzos e base prismática cunha peza semicircular de cantaría tallada, sobre un dos lados. Fuste octogonal que remata e capitel troncopiramidal con volutas nas esquinas. Cruz con remates moldurados nos extremos, cun…


Rianxo - Santa Baia do Araño | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito situado sobre o cruce de camiños de acceso ao lugar das Miráns polo oeste. Plataforma de dous chanzos sobre a que se asenta o pedestal cunha inscrición que acredita que foi doado polos Agrelo. Fuste octogonal e capitel troncopiramidal con molduras. Cruz de sección cadrada, cun Cristo no anverso e unha Virxe no reverso.


Rianxo - Santa Baia do Araño | Elementos relixiosos

Vía crucis composto por seis cruces situadas a ambos lados da estrada principal do lugar da Igrexa, en torno ao Cruceiro do Calvario. Cruces latinas sen imaxes, apoiadas sobre plataforma cadrada e base prismática, realizadas en cantaría de granito. Sección cadrada coas arestas chafranadas con decoración sinxela nos vértices superiores e brazo inferior mais longo apoiado directamente sobre a base.


Rianxo - Santa María de Leiro | Elementos relixiosos

Vía crucis composto por seis cruces situadas a ambos lados da estrada principal do lugar da Igrexa, en torno ao Cruceiro do Calvario. Cruces latinas sen imaxes, apoiadas sobre plataforma cadrada e base prismática, realizadas en cantaría de granito. Sección cadrada coas arestas chafranadas con decoración sinxela nos vértices superiores e brazo inferior mais longo apoiado directamente sobre a base.


Rianxo - Santa María de Leiro | Elementos relixiosos

Vía crucis composto por seis cruces situadas a ambos lados da estrada principal do lugar da Igrexa, en torno ao Cruceiro do Calvario. Cruces latinas sen imaxes, apoiadas sobre plataforma cadrada e base prismática, realizadas en cantaría de granito. Sección cadrada coas arestas chafranadas con decoración sinxela nos vértices superiores e brazo inferior mais longo apoiado directamente sobre a base.


Rianxo - Santa María de Leiro | Elementos relixiosos

Cruz latina sen imaxes, de sección octogonal, con remates nos extremos. Brazo inferior máis longo sobre base tronco piramidal de granito. No pequeno engrosamento que ten a modo de capitel, pode observarse unha Cruz de Malta, da orde de San Xoán de Xerusalén ou dos Cabaleiros Hospitalarios.


Rianxo - Santa María de Asados | Elementos relixiosos