Cruceiro do Souto
Imaxe: Xenealoxías do Barbanza
Cruceiro do Souto ou Cruceiro de Outeiro é do tipo de capeliña situado á beira da estrada que une os lugares de Traba e A Capela polo norte, xunto ao regato do Batán. Fuste octogonal e groso sobre o terreo, con remates cadrados na parte superior que soportan a capeliña, actualmente sen imaxe. A capela é lisa, de base moldurada, teito plano e tellado a catro augas. Contén no interior unha imaxe da Virxe co Neno. O Cristo crucificado ten as mans pechadas, pergameo de INRI e carece de coroa de espiñas. Remate superior de forma troncopiramidal, que soportaba a cruz. Foi estudado por Castelao en "As cruces de pedra na Galiza", publicado pola Editorial Nós en Bos Aires, no 1950.
- INFORMACIÓN
- Código: RI-ER007
- Outras denominacións: Cruceiro de Outeiro
- Tipoloxía: Elementos relixiosos
- Cronoloxía: -
- Concello: Rianxo
- Parroquia: Santa Baia do Araño
- Lugar: A Capela
- Acceso a pé: Bo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
-
- Protección:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (C-007)
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico
- Referencias:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.693542153301 , -8.7975577617758
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.